Acabo de atopar pola arañeira o blogue Escola de ferrado, de Guillermo Meijón Couselo, o portavoz de educación do grupo parlamentario socialista no parlamento galego. A pena é que non dera con el antes.
Abusa moito dos signos exclamativos e de interrogación, porén ten artigos moi ben construídos e fundamentados a respecto do tema da lingua. Vou deixar aquí a ligazón a un par deles.
No primeiro: "enmendar nós, simples mortais, o divino texto da trinidade: feijóo-vázquez-lorenzo???????" , publicado o 12/08/2010, argumenta que o decreto 124/2007 parte do cerne do Plan Xeral de Normalización Lingüística, arduamente traballado e consensuado por todas as forzas políticas parlamentarias. No entanto o funesto decreto 79/2010 é vendido como parido a partir da consulta a todos os grupos do mundo mundial cando as consultas ficaron só niso: consultas na papeleira.
Noutro artigo: "o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo", do 25/08/2010, Meijón arremete contra a última falcatruada da Consellería de Educación, a de cargar aos pais cun gasto superior aos 10.000.000 € en plena época de crise entre os cursos 2010-11 e 2011-12. Para paliar a carga total deste capricho de Feijóo ás familias víronse na obriga de relizar un anuncio do día 10 de xuño na web da Consellería de que convocarían axudas para este dispendio. Despois de máis de dous meses volven a anunciar o mesmo, e aínda non teñen publicada a orde para as axudas. E no anuncio precisan ademais que as únicas materias implicadas nestas axudas van ser aquelas que cambien os libros de texto de galego para castelán, cando isto, segundo o seu propio decreto non é así.
Grazas polo teu comentario. Tratarei de corrixir ese abuso de admiracións e interrogacións.
ResponderEliminarGuillermo Meijón