Da web do PSdeG-PSOE:
O portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Francisco Cerviño, reclamou hoxe [05/08/2010] ao presidente da Xunta que “deixe de agredir ás institucións que non lle bailan a auga e non se deixan comprar” en alusión ás críticas de Feijóo contra a Real Academia Galega. Reclamou consenso para sacar a lingua da grella política e advertiu que a estratexia da Xunta pode “acelerar a morte do galego”.
Explicou que a Real Academia Galega responden a Feijóo defendendo a lingua de xeito unánime -tanto os académicos progresistas como os conservadores- porque para eles constitúe un “imperativo categórico” e “o único que xustifica a súa existencia”. Dixo que o presidente acusounos de ser o brazo dunha ideoloxía porque “síntese despechado” logo de ter anunciado estes un recurso por unanimidade contra o decreto da lingua.
Tildouno de “insolvente cultural” ao non recoñecer a pluralidade da academia e considera que “equivócase” ao pensar que pode calar aos académicos aprobando unha axuda para arranxar o tellado da sede da RAG e aprobando unha subvención. Reclamou “que non se sinta Manuel Estrada e se lle ocorra adoptar o sistema de premio e castigo contra os académicos”.
Lembrou que o galego ten rexistrado nos últimos tempos un descenso continuado no número de falantes, situándose en perigo de desaparición, e engadiu que “ocultando a realidade do paciente non evitamos a gravidade da situación”.
Consenso, consenso e consenso
O parlamentario socialista apuntou que “para salvar a lingua é necesario consenso, consenso e consenso social e tamén político”. Criticou duramente a política lingüística do presidente da Xunta dirixida a “contentar a unha pequena parte do seu electorado galegófobo e aos medios conservadores de Madrid e advertiu que esta política pode “acelerar a morte do galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario