"Alá a Academia co que fai". Así ameazou Feijóo á Real Academia Galega nunha entrevista para o Faro de Vigo.
En Brétemas comentan outros aspectos da entrevista, relacionados coa Educación, os Servizos Sociais e a Sanidade, e na Nosa Terra destacan a seguinte frase: 'A RAG non é útil se é o brazo dunha ideoloxía'.
Destas ameazas eu conclúo que a RAG fixo moi ben presentando un recurso, parece que moi ben fundamentado, contra o funesto decreto de plurilingüismo.
P.S.: No Galicia Hoxe tamén se fala do tema con máis información. Entre outras, destacan a seguinte frase de Feijóo: "hai moi poucos galegos que estean na RAG"
P.S.: Continúan os artigos. "Non hai comentarios" , O ano no que a RAG decidiu petar na mesa
Ningún comentario:
Publicar un comentario