Nun país normal isto non tería nada que ver coa normalización lingüística. Pero nun país normal tampouco tería por que haber blogues como este. Como aquí nada do que se refire ao uso social da lingua é normal, é noticia que unha denominación de orixe dun produto galego veña en galego.
Da Nosa Terra que, como sempre, é o único medio que se preocupa por estes temas:
Dende este mércores o Pemento de Herbón está incluído na listaxe de denominacións de orixe protexidas europeas. Deste xeito o Pemento de Herbón pasa a forma parte da listaxde de 900 produtos protexidos pola lexislación alimentaria europea sobre indicacións xeográficas, denominacións de orixe e especialidades tradicionais. Con esta nova denominación de orixe son xa 30 os produtos galegos que gozan de denominación de orixe e indicación xeográfica protexida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario