Quen mo diría! E con este alá van 1000 posts (sempre quixen facer isto, crear un bucle cunha ligazón).
Transcurriron case nove meses, desde o primeiro, publicado tímidamente a noite de Reis deste mesmo ano. Daquela non sabía aínda moi ben en que consistía isto dun blogue, e agora só sei o moito que me queda por aprender. Estes días estiven dándolle voltas a cambiarlle o aspecto a este blogue, a miña idea era a de celebrar as 1000 mensaxes creando un menú na parte superior para facilitar a distinción entre as achegas que atopo pola arañeira da rede, e aqueloutras que son as cousas que escribo eu. E de entre estas, quería destacar sobre todo os versus, unha creación que me saeu sen querelo nin pensalo, pero pensando comprobei que no meu carácter estaba o de querer e achegarme ao mundo este da língua mediante opostos.
Como as probas que fixen resultaron un absoluto fracaso, deixo o intento para outra ocasión, quen sabe se para o seguinte cubo (o 1331).
Grazas a todos os que algunha vez puxéchedes o ollo por aquí.
Pensa que quizais o de "versus" é porque es un poeta... matemático.
ResponderEliminarParabéns por tanto traballo ben feito. E pola mudanza!
Saúdos
Que maneira de irrumpir no mundo tecnolóxico- cibernético!!
ResponderEliminar(Quien te ha visto y quien te ve!!! )
Parabéns polo teu traballo
Grazas a vos.
ResponderEliminarSe este blogue existe é, en boa medida polo voso bo facer e o voso apoio.