Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 5 de agosto de 2010

Pedro e os medios


Eu imparto unhas clases moi aburridas e pesadas, recoñezo que son insoportable, repetitivo, monocorde. Porén, teño a sorte de que habitualmente atopo con alumnos despertos que me interrumpen a cada pouco e que fan desas insoportables clases de matemáticas algo levadeiro... por veces. A única salvación de profesores torpes coma min son os alumnos intelixentes como Pedro.
Pedro marchou a mediados de xuño porque fora seleccionado para participar na "Ruta Quetzal 2010", nunha viaxe que o levaría durante máis dun mes por México, Portugal e España. Por fin regresou e a noticia apareceu nos medios de comunicación locais. A cousa non era para menos.
Fixéronlle unha entrevista no xornal La Voz de Galicia. Como era previsible nese medio, o artigo estaba redactado en castelán, no entanto, o que máis me estrañou foi que poñían a Pedro falando en castelán e eu en dous anos que o levo machacando a catro horas semanais, nunca o oín falar en castelán. Segundo os da Voz, os comentarios de Pedro sobre Miguel de la Cuadra Salcedo eran "es el explorador por excelencia y le guardo una gran admiración"
O Faro de Vigo tamén o entrevistou e a lingua na que estaba redactada a noticia tamén era o castelán, como era de supoñer. No entanto, as respostas de Pedro, viñan en galego: "non tiña ningunha idea nin espectativas para a viaxe".
E aquí acábase o conto.

Non temos ningún medio en galego coa capacidade económica para manter edicións locais nos que poidamos ler a entrevista que me gustaría que lle fixeran a Pedro.

3 comentarios:

  1. Se te fixas no nome, Rocío García (que fai prácicas no Faro) tamén é unha das nosas ex-alumnas; unha que non dá palabra en castelán. Cando chegou ao xornal, comezou a escribir en galego, pero axiña "la llamaron al orden: la lengua del periódico es el castellano". Tenta colar algo en galego, pero non sempre é quen de facelo.
    Éche o que hai

    ResponderEliminar
  2. O que o coñecemos, sabemos ben do bo facer e das boas costumes de Pedro...

    ResponderEliminar
  3. Gracia: estás en todo.
    Anxo: tes razón. Todos os que coñecen a Pedro, non necesitan que ninguén lles fale del. En troca, eu aquí non falo de Pedro, senón dos medios.

    ResponderEliminar