Teño un fillo de oito anos e un amigo e compañeiro de clase invitouno á súa primeira comunión. A ceremonia celebrouse nunha parroquia do Concello da Estrada (diócese de Santiago) que ten menos de 500 veciños. Non terei que insistir moito en cal é a situación sociolingüística da parroquia: alí todos falan en galego. Todos?, ben parece ser que todos non. Cando chegamos á igrexa xa comenzara a misa pero podíase oir pola megafonía externa. Desenvolveuse toda en castelán. Toda?, ben toda non,... ou si, explícome.
O desenvolvemento completo do acto foi tal e como dixen en castelán, excepto ao final, cando acabou a celebración o sacerdote anunciou os horarios dun par de funerais a celebrar os vindeiros días, e este anuncio si foi en galego.
O importante, a celebración eucarística, o diálogo con deus, desenvólvese sempre en castelán. No entantanto reservamos o galego para a comunicación informal, para o secundario. Isto é o bilingüismo cordial, cada lingua no seu sitio.
Á mesma hora no estadio de San Lázaro, en Santiago, 12.000 mozos asistían a unha misa no marco da 'Peregrinación e Encontro de mozos' (PEJ 2010), que organiza a Igrexa en Santiago de Compostela. E en que lingua fala a igrexa santiaguesa?. En castelán, naturalmente. Aínda así, no transcurso da celebración reservouse un espazo para a lectura de textos en catalán e eúscaro, pero non en galego.
Teremos que revisar outra vez o seguinte titular da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na actividade eclesial.
Non é fácil cambiar de país, pero si cambiar de igrexa (ou de cura).
ResponderEliminarNon se trata de cambiar de cura, senón de que os curas cambien de lingua. Bastaría con que os arzobispados o ordenasen.
ResponderEliminarE se un cambia de igrexa... penso que a cuestión da lingua non mudaría.