Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 12 de agosto de 2010

As mentiras de Anxo Lorenzo en catro pasos

Collo aquí o relato das declaracións de Anxo Lorenzo da edición dixital da Nosa Terra, pero podería facelo de calquer outro medio pois en todos relatan o mesmo.

"Vivimos nun Estado de Dereito coas súas regras de xogo", sinalou, a preguntas dos xornalistas sobre a súa valoración respecto de lestes recursos durante un acto do Salón do Cómic. No entanto, asegurou que o que non ten "sentido" é que "aquilo que se perde no plano político se intente gañar noutros ámbitos", engadiu.
Por outra banda, insistiu en que o Goberno galego "ten claro que o documento é absolutamente legal", a un tempo defendeu o procedemento seguido, en resposta tamén ao recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG).

Estas declaracións fíxoas nun acto de presentación dunha banda deseñada nas xornadas Viñetas do Atlántico que se desenvolven estes días na Coruña. O primeiro que se me pasa pola cabeza é que o secretario xeral de política lingüística non aparece pola feira do libro celebrada hai uns días nesa mesma cidade, no entanto si fai acto de presencia no de banda deseñada.
O segundo que penso é: seguro que na web da SXPL puxeron a noticia, e alá vou. Efectivamente alí se explica como Anxo Lorenzo participou na presentación da segunda edición de Galimatías... e nada máis, nada sobre o decreto... Será que lle corren remorsos polo corpo cando din que o funesto decreto de plurilingüismo é legal e por iso non poñen as declaracións precisamente no lugar que teñen máis a man? Decátase Anxo Lorenzo de que está mentindo? Usou a súa estratexia habitual, disparar sen réplica ningunha para despois calar. Pero o que realmente cheira é que non espallen as delcaracións na súa web.
En terceiro lugar lembro que comencei a facer este blogue o 5 de xaneiro deste ano e que por esas datas tamén se falara dunha banda deseñada,... efectivamente, con data do día seguinte pubícase esta nova na web de política lingüística: A revista de cómic galego 'Galimatías', do programa Bocaberta, chega ás librerías nun volume recompilatorio. Por vicio, leo o que poñían daquela: 

A revista insírese dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un proxecto de dinamización da lingua galega conformado por numerosas actividades e no que participaron máis de 500.000 rapaces e rapazas [...] de idades comprendidas entre 3 e 18 anos.

Máis de medio millón de rapaces galegos!!!
En cuarto lugar consulto os datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) e sumo a cantidade de rapaces de entre 0 e 19 anos (ambos incluídos). Xa sei que me pasei co intervalo, pero é por darlle unha certa marxe de confianza ao departamento que dirixe Anxo Lorenzo.
O total galegos entre 0 e 19 anos é de 440.517.
Así que o decreto 79/2010 é legal, non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario