Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 25 de agosto de 2010

A Xunta de Galicia contra o galego

O director de centros e recursos humanos, José Manuel Pinal, indicou que por mor da aplicación do funesto decreto de plurilingüismo, “hai unha serie de textos que hai que cambiar como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que pasan a impartirse en castelán" polo que a Consellería de Educación vai realizar nos vindeiros días unha convocatoria de axudas para que as familias con fillos en 3º, 4º de primaria e en secundaria.
Claramente: destínanse recursos para que algúns pais reciban axudas por cambiar libros de texto en galego por libros de texto en castelán. Cal era o problema que presentaban eses libros de matemáticas, tecnoloxía e física e química? Non era que fosen obsoletos ou non fosen pedagóxicamente acaídos. Só hai unha razón pola que se fai a substitución, por estaren en galego, e iso non é do gusto da Consellería de Educación.
Pode que haxa alguén que non crea o que esta noticia sexa certa, pois que consulte no propio portal de comunicación da Consellería de Educación

P.S.: Varios medios xa divulgaron este invento da Xunta. "Nova partida de Educación para axudar o libro en castelán" titulan  no diario Galicia Hoxe. "Substituír os libros en galego custará seis millóns de euros" é o titular do Xornal de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario