Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 28 de agosto de 2010

A cifra do galego

No Xornal de Galicia puxeron hoxe unha nova con este titular: "Ikea lanza o seu primeiro catálogo en lingua galega". Hai que ter coidado cos titulares. Se un mira o contido do artigo comprobará que realmente do que se trata é de que dos 600.000 exemplares do catálogo do ano 2011 que repartirá a multinacional sueca en Galicia, 33.000 estarán integramente en galego, polo que para Ikea, o a cifra do galego é do 5,5%.
Un pouquiño máis abaixo deixara eu un post onde destacaba que a porcentaxe dos nomes en galego era do 5%, e isto leva a e preguntar, é esta realmente a cifra do peso do galego na nosa sociedade?

Ningún comentario:

Publicar un comentario