Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 22 de agosto de 2010

A aprender galego á privada

por Noela Rey Ménez, no Xornal de Galicia:

Adeus galescolas públicas. Ola galiñas azuis. Adeus uso do galego no ensino. Ola preeminencia do castelán. Quen o ía dicir, os cidadáns galegos teñen que buscar na empresa privada o que a Administración Pública lle nega. Vaia, certamente, nos últimos tempos parece algo común. O galego para os nenos, na nova rede de ensino privado que podería botar a andar no curso 2011/2012. Que quere ter unha consulta de oftalmoloxía e que non lle suban as dioptrías mentres agarda? Á privada, que alí non hai listas de espera. Que quere que lle tramiten a axuda de dependencia? Busque nos arquivos de Indra, alí estará o seu expediente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario