Foi Xosé Henrique Costas quen no Ecolingua 2009 se preguntaba polas razóns que levaban ao goberno da Xunta a reducir o galego nas aulas de infantil, primaria e secundaria mediante o argumento do equilibrio (50%, tendencialmente 33%), cando usando a mesma idea do equilibrio podía potenciar o uso do galego na universidade. Lembremos que a USC, a que ten níveis de uso do galego máis altos, anda polo 20%, moi destacada a respecto das outras dúas universidades galegas.
Parece como se na Generalitat lle roubasen a idea a Henrique Costas pois os profesores universitarios que queiran ter unha praza fixa en Cataluña deberán acreditar o nível C de catalán. Así o asegurou o conseller deInnovación , Universidades y Empresa, Josep Huguet, quen argumentou que esta é unha medida de equilibrio e argumentouno asegurando que "a maior parte dos profesores é competente lingüísticamente en español, pola contra non é así en catalán". O conseller tamén destacou que a redacción do decreto está prácticamente rematada e que está pactado coa comunidade universitaria.
A esta medida podémoslle engadir a campaña que está actualmente levando a cabo a Plataforma per la Llengua da que forma parte o seguinte vídeo:
Do equilibrio galego: no ensino non universitario, co decreto do 2007, o uso do galego estaba polo 35%. Co equilibrio do funesto decreto 79/2010 que pretendemos? chegar a un 20% real?
Do equilibrio galego: no ensino universitario o uso do galego anda polo 10%.
Do equilibrio galego: o número de sentenzas en galego é dun 5%.
Do equilibrio galego: o uso do galego na prensa non chega nin a ese 5%.
Do equilibrio galego: e cal é o uso do galego no comercio?
A ver se a cifra galega para o equilibrio vai ser o 5%.
Cos meus saúdos e parabéns: http://bretemas.blogaliza.org/2010/08/31/blogday-2010/
ResponderEliminar