Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 2 de agosto de 2010

O software contra o fumeiro

Pode que alguén non me crea, pero a foto que acabo de pegar aquí saqueina dunha páxina dun Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Para non poñelos en vergonza non vou dicir quen son. O peor é que o único que teñen na web dese Equipo é unha presentación sobre este tema: "As partes do carro".
Xa está ben de vencellar os ENDLs ao atraso económico, ao antigo, aos devanceiros, ao de atrás. Iso está ben para que o traten os departamentos e profesores de historia ou filosofía. Que os ENDLs adiquen os seus esforzos ao estudo dos cruceiros, hórreos e outras manifestacións tradicionais só ten sentido se temos asumido que o galego é cousa do pasado.
Entón, por onde teñen que ir os pasos dun ENDL? Necesariamente polo camiño das novas tecnoloxías, por iso non podo facer outra cousa que gabar o microprograma Ben Falado! do pasado 29/07/2010, adicado ao proxecto Trasno e á tradución de software libre.
Se queredes ver o programa dirixídevos a sección do programa no sitio da CRTVG televisión á carta ou empregade esta ligazón cun reprodutor de vídeo, coma o VLC ou o SMPlayer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario