por Cris Moss, no Xornal de Galicia:
O recorte que a Xunta está realizando na Plisan, a maior área empresarial de Galicia, non afecta só a súa extensión, senón tamén a lingua galega. A explicación é que o documento co que está a tramitar a nova delimitación do polígono non só está escrito integramente en castelán, senón que tamén inclúe toponimia deturpada.
O documento, elaborado por unha consultora externa pero que xa forma parte do expediente oficial da Xunta, inclúe, por exemplo, referencias á conexión da plataforma industrial con localidades como Tuy ou Orense, en vez de empregar os nomes oficiais de Tui e Ourense. Pero será difícil que se corrixa.
Porque a estas alturas, un mes despois, a Xunta aínda non modificou no BOE unha anterior corrección de erros toponímicos na que se seguían deturpando nomes oficiais. Tras falar de La Bolla e La Calle e correxilo por A Bola e A Rúa, a día de hoxe segue sendo oficial que a Xunta se referira entón a Villamartín ou Monterrey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario