Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 7 de agosto de 2010

1800 € de multa por unha pancarta en defensa do galego

Tal e como destacáramos neste blogue a finais de abril a Subdelegación do goberno de Pontevedra púxolle unha multa de 500 € a Queremos Galego por unha concentración na praza da Ferrería, que é unha zona peonil da capital  o pasado 15 de marzo.
Agora a multa ascende aos 1500 € por colocar unha pancarta, máis outros 300 por exceder o horario permitido. Neste novo caso a sanción foi imposta polo Concello de Santiago e caeu sobre a asociación cultural A Gentalha do Pichel, quen por mor da celebración da noite do San Xoán, colocaron unha pancarta co lema 'Na Galiza só em galego' nas proximidades do lumeiro que organizaron no barrio de Santa Clara.
A asociación solicitara permiso para colocar a pancarta, porén desde o concello non tiveron resposta.
No blogue da asociación quéixanse de que centos de bandeiras españolas foron penduradas durante o mundial sen que foran obxecto de ningunha multa.  Dese mesmo blogue saquei a foto que ilustra este post.

Ningún comentario:

Publicar un comentario