Enterámonos por Radiofusión que O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de comunicar á Mesa pola Normalización Lingüística a admisión a trámite do seu recurso para suspender o decreto do plurilingüismo. O dato é interesante xa que a Mesa solicitou tamén a suspensión cautelar do decreto, polo que agora é posible que o TSXG se pronuncie en poucas semanas sobre este asunto, pois, en palabras de Carlos Callón "se tiveramos que agardar dous anos a que se dite sentenza, e durante este tempo non se toma ningunha medida cautelar para que os nenos e nenas tamén poidan aprender en galego, poderíase causar un enorme dano á formación lingüística dos estudantes".
Podedes escoitar a entrevista completa de Carlos Callón en Radiofusión:
P.S.: Ampliación da noticia no Xornal de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario