Anxo Lorenzo, actual secretario xeral de política lingüística e Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura, son os directores dun infome editado precisamente por este último organismo no ano 2005 a respecto da situación social da lingua galega e a súa evolución entre os anos 1992 e 2003.
Os datos usados neste informe foron extraídos do MSG (Mapa Sociolingüístico de Galicia I) e das enquisas das enquisas a respecto da Enquisa de Condicións de Vida das Familias que anualmente fai o IGE (Instituto Galego de Estatística)
Para entender mellor os gráficos cómpre ter en conta que o que se indica na variábel das alturas é un número do 1 ao 4 co seguinte significado:
1= Só castelán
2= Máis castelán que galego
3= Máis galego que castelán
4= Só galego
As poligonais do gráfico son todas moi semellantes e indican, de arriba a abaixo, tal e como aparecen no gráfico:
lingua habitual
lingua cos comerciantes
lingua coa administración
lingua co banco
lingua co médico
Se lemos o gráfico de esquerda a dereita vemos que, ao diminuir a idade da poboación, maior é o uso do castelán en todos os ámbitos e tamén nos aproximamos cada vez máis ao castelán como lingua habitual.
Pois ben. Que é o que conclúen os directores do estudo? O seguinte:
A partir do tramos de 26 a 35 anos a tendencia a usos cada vez máis castelanizados estáncase, e mesmo nalgún caso invértese, corroborando algo que xa comprobamos: o descenso no uso do galego parece tocar fondo
E claro, como parecía que a perda de falantes de galego non caía en picado, pois iso é o que se ve na parte dereita da gráfica, como parecía que o uso do galego parecía tocar fondo, pois, debeu pensar Anxo Lorenzo, ímolo afundir máis, e eliminaron as probas de galego das oposicións a funcionarios, reduciron os cartos á normalización e aprobaron un decreto que reduce o uso do galego no ensino e mesmo o criminaliza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario