Primeiro foi Vieiros, despois chuza. Á dereita destes posts hai unha lista de medios en galego, que van desaparecendo aos poucos. Agora parece que os problemas fan moi complicada a situación do xornal A Peneira. A CIG denunciou que os traballadores levan 6 meses sen cobrar. Desde o Xornal de Galicia fan unha aproximación ao que está sucedendo:
A elevada dependencia da publicidade institucional –que nos últimos meses, por mor da crise está a reducir a súa presenza no medio– parece ser a circunstancia que provocou o desequilibrio orzamentario da empresa editora. Ademais, a escasa publicación de anuncios do goberno autonómico de Feijóo tamén contribuíu a que a entrada de beneficios se miminizara.
O administrador sacou unha nota de prensa na edición da Peneira na que expón os probleman financieiros polos que está pasando.
Unha pena.
P.S.: En Galicia Confidencial adican un artigo moi esclarecedor a este tema. Explican que hai dúas clases de de axudas da Xunta aos medios de comunicación. A máis importante, e oscura, son os convenios. Trátase de acordos bilaterais entre cada consellería e certas editoriais.Non hai convocatoria nin concurso público, os cartos flúen en función do criterio do mandatario de turno. Só nesta lexislatura xa se levan entregado a dedo máis de 2,4 millóns de euros por esta vía.
As axudas públicas e con concorrencia son as convocadas no DOG. Este venres remata o prazo para presentarse a aquelas destinadas especificamente para publicacións 100% en galego. O seu importe máximo é de só 63.566 euros
Ningún comentario:
Publicar un comentario