Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 10 de agosto de 2010

Profes co galego no facebook

Acaba de crearse no facebook un grupo co nome de Profes co galego, e xa ten máis de 100 membros entre os que se encontran Henrique Monteagudo (secretario do Consello da Cultura), Marcelino Fernández Mallo (colaborador habitual do extinto Vieiros e doutros medios), a plataforma Queremos Galego ou a AELG.
A creadora do grupo, é a profesora de matemáticas Beatriz Álvarez. A descripción do grupo establécese segundo os seguintes fundamentos:
Trátase de poñer en contacto ao profesorado de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e outras materias, tanto de primaria como de secundaria, aos que o novo decreto non lles permite impartir as aulas en galego. O que pretendemos con este grupo é crear un foro de debate, co obxectivo de que en setembro teñamos deseñada unha liña de actuación conxunta, e que ninguén se sinta só, aínda que así o estea no seu departamento ou incluso no seu claustro. Tamén servirá para comentar os problemas que se nos vaian presentando unha vez iniciado o curso.

Unha boa iniciativa para crear un grupo de defensa frente aos ataques contra o galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario