Como a cousa esta da lingua anda como anda, isto é, anormalmente, cando se deixa de remexer na arañeira da rede media ducia de días, por pouco que se repase algo da produción sobre o tema non podo deixar de ver que houbo unha boa colección de achegas interesantes, algunhas delas polas que sinto unha especial debilidade.
Para cubrir o oco desta última semana vou deixar aquí unha lista de ligazóns a un blogue que recomendo: Imos Indo.
Unha das teimas que teño é presisamente a que dá título ao primeiro dos artigos que recomendo aquí. Impresecindible.
16/06/2010: O risco da dialectalización Montse Dopico en Galicia Hoxe
Avelino é unha das pesonalidades pola que sinto maior adminración. Nesta entrevista podedes enxergar algunha das razons deste sentimento.
17/08/2010: Pousa Antelo: "O presidente é un arrecastado" Entrevista en Galicia Hoxe
Un artigo sobre o maltrato á cultura galega. O desprezo pola nosa lingua ten que vir acompañada de cousas como a que se relatan aquí:
17/08/2010: As películas financiadas polo bipartito amolecen nun soto Iago Martínez no Xornal
Xa o manifestei en máis ocasións: entre os autores que mellor escriben sobre a lingua destaca Xabier Docampo.
18/08/2010: Aos responsábeis da nova caixa Xabier Docampo no Xornal
Ningún comentario:
Publicar un comentario