Hoxe publicouse no Galicia Hoxe un artigo asinado por Monstse Dopico baixo o título "Receitan non utilizar as mensaxes apocalípticas para a defensa do galego"
A mensaxe máis apocalíptica da lingua galega foi debuxada no 1973 polo profesor Alonso Montero no libro Informe -dramático- sobre la lengua gallega, no que databa a morte do galego en moi poucas décadas de non darse un cambio social de tal calibre que, agás que se producira unha revolución que provocase unha ruptura radical co réxime de Franco. Revolución que nunca chegou a suceder. Ao pouco Alonso Montero tivo unha contestación doutro gran sociolingüista, Francisco Rodriguez, quen publica Conflicto lingüistico e ideoloxía en Galiza (1976). Alí Rodríguez aporta un diagnóstico estruturado e unha solución á sangría de perda de falantes. Tratábase de reforzar a identidade galega. Hoxe o discurso ampliose e diversificouse, no entanto o cerne do mesmo continúa a ser o mesmo. Entón, cal é o problema?
Pois tal e como se destaca no artigo de Monstse Dopico, en palabras de Pilar García Negro: "a cuestión é que nunca houbo unha aplicación máis que cativa da lexislación que xa existe. Daquela, o primeiro é aplicala e avaliar os resultados"
Actualmente a dirección marcada desde os poder político é a de reducir o orgullo de sermos galegos. Xa se viña comentando desde hai ben de tempo, non se pode aplicar un decreto contra o uso do galego no ensino se non destrozamos o imaxinario colectivo, sen convertir aos galegos nunha especie de zombies, ou como din os autores do exitoso 55 mentiras sobre a lingua galega, en inocularnos o virus da síndrome de Michael Jackson, xa sabedes, o do negro que se avergoñaba de selo e que procurando ser aquelo que non era, un branco, acabou convertíndose nun monstruo, unha caricatura do seu auto-odio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario