Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 31 de xullo de 2014

Comeuche a lingua (inicial) o gato?

por Mercedes Queixas no Sermos Galiza:


Abrímoslle a porta a este mes de xullo participándomos no X Curso de Verán sobre dinamización lingüística organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e mais a SXPL.

sábado, 26 de xullo de 2014

Pioneiros.gal



Vía Brétemas

Día de Galicia e o galego na igrexa (25 xullo 2014)

por Manuel Cabada Castro en Tabeirós Montes

Con motivo da celebración conxunta hoxe da festividade de Santiago Apóstolo e do Día de Galiza, é case obrigado que lembremos algunhas cousas sobre a importancia de que a nosa igrexa galega, é dicir, tódolos cristiáns galegos, saibamos incardinarnos ben na terra e no país no que, pola graza de Deus, nacemos ou vivimos.

venres, 25 de xullo de 2014

En galego... Festa Rachada!




Desde a Mesa pola Normalización Lingüística piden que se difunda este vídeo. A invitación vén con estas palabras:

O galego é a lingua propia de Galiza . Porén, en moitos ámbitos, o galego non é visíbel. Persisten os prexuízos de que o galego non serve para as cousas importantes, para o que ten unha dimensión social, para o público. Mantense a vinculación do galego ao atraso, tamén aos ámbitos informais.
Hai quen pensa que o galego está ben para o falar na casa, cos amigos e amigas mais non ten o prestixio suficiente para o empregar na administración, nos medios de comunicación, no ensino... e tampouco na festa.
U-lo galego nas festas? A nosa lingua non está presente en moitas festas que hai no noso país ao longo de todo o ano. A presenza da música en galego é anecdótica, unha ou dúas pezas para contentar o público máis nostálxico... O emprego do galego é algo folclórico. Mesmo ante un público galegofalante non usan a nosa lingua ou esta é obxecto de burla.
No verán estamos expostos e expostas á música española de moda. Non temos cancións galegas do verán.
Isto non é normal!
A música galega está viva.
Podemos escoller entre centos de grupos que usan a nosa lingua.
Podemos escoller o estilo do que máis gustemos: pop, rock, indie, blues, electrónica, heavy, rap, jazz, clásica, punk, reggae...ahhhh!!!, e tamén, folk.
Podemos rir, chorar, pensar, relaxarnos, desconectar, correr, bailar, ligar ou ir de troula coa música galega.
A música en galego chega ao corazón, emociona; é parte da nosa historia, da nosa identidade; non nos deixa indiferentes.
É tradición, é parte de nós. Compartimos cancións varias xeracións. As nosas nais, avoas, os nosos pais, avós e demais parentes transmitíronnos este patrimonio musical que nos alegra o ouvido e a vida.
Queremos máis festas como os festivais de Pardiñas, como o Revenidas, como o Intercéltico de Moaña, como a Festa da poesía, como o Irmandiño de Moeche, como o Lugnasad, como o Castañazo Rock, como a Festa da Carballeira...Non queremos música casposa, nin discursos homófobos e sexistas nas festas.
Gustamos da festa rachada, de ir de troula, de esmorga, de ruada e, sobre todo, de ir de festa coa música galega.
EN GALEGO... FESTA RACHADA!



luns, 21 de xullo de 2014

Sobre os cursos CELGA: carta aberta á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

por Xosé Luís Santos Cabanas, nas Voces de Prolingua:

Escríbolle neste foro aberto de ProLingua á Secretaría Xeral de Política Lingüística (en diante SXPL), por culpa da miña sospeita de que ande polas súas computadoras algún virus informático ou por se houber algún pirata dos modernos medios informáticos que envía mensaxes desde o enderezo sxpl.probascelga@xunta.es, de onde me chega un escrito á miña conta de correo electrónico, co longo título que copio textualmente: CONTESTACIÓN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO PROXECTO DA ORDE POLA QUE SE AUTORIZAN AS ENSINANZAS NON REGRADAS DE CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) NOS CENTROS PÚBLICOS ESPECÍFICOS DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DE ADULTOS NOS INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA CON ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS.

O xenio criador do Pobo galego. Lingua, cultura e literatura.

Comunicado conxunto das asociacións da cultura e lingua galegas, vía A Mesa


Desde a súa institución o 28 de abril 1963 até o pasado 5 de xuño de 2014, a Real Academia Galega escolleu para ser homenaxeada no Día das letras Galegas unha ”figura autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”, tal e como se recolle na acta da sesión onde se decidiu estabelecer esta data tan relevante para a nosa lingua e cultura e que celebra a saída ao prelo da obra mestra da literatura galega contemporánea, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.Ao longo destes 51 anos as persoas homenaxeadas nesta data caracterizáronse por seren autoras e autores cunha obra de calidade e un compromiso e achegas claros en defensa da nosa lingua e da nosa cultura fóra de toda dúbida, alén das súas posicións máis ou menos progresistas, máis ou menos conservadoras,máis ou menos relixiosas ou ateas.Estes dous elementos: lingua e compromiso co país, fixeron do Día das Letras Galegas unha data de reinvindicación da nosa lingua e de festa para a nosa ampla literatura, capaz de unir todo o pobo galego nunha soa voz, sendo xunto co Día da Patria Galega o máis sinalado de Galiza.As entidades asinantes, que traballamos día a día para a defensa, dignificación e normalización plena da nosa lingua e cultura en centros de ensino, vilas, cidades e todos os recunchos do país, queremos que o Día das Letras Galegas siga a ser a data para festexar a lingua que nos une e darlle á nosa literatura a difusión social que merece.Queremos que siga a manter o carácter integrador e de unión que sempre tivo, e que debera ser reforzado nun momento de ataques á nosa lingua sen precedentes na etapa democrática como o que padecemos na actualidade.Filgueira Valverde non pode unir ninguén. O seu papel destacado dentro da estrutura dun réxime como o franquista que perseguiu a lingua e cultura galega e as súas figuras máis relevantes, silenciándoas, exiliándoas ou facéndoas presas, fan del o contrario do que debe ser “exemplo á sociedade galega” e por iso só podemos considerar profundamente desafortunada a decisión tomada pola RAGO xenio creador do pobo galego a través da súa lingua e a súa literatura, o seu exemplo cívico e de compromiso co país mesmo nas peores circunstancias, debe ser hoxe e sempre o homenaxeado o Día das Letras Galegas, e a el dedicaremos o 2015 como primeiro paso dunha camiñada conxunta e partillada con toda a cidadanía que pretendemos explorar a partir de setembro.

domingo, 20 de xullo de 2014

COMUNICADO DO SUG SOBRE AVALIACIÓN DO DECRETO 79/2010 XULLO 2014

Comunicado das Universidades galegas sobre avaliación do decreto para o plurlilingüismo:


Perante os estudos e opinións coñecidas nos últimos días sobre a escasísima presenza do galego como lingua vehicular do ensino non universitario no ámbito urbano, as tres universidades galegas, membros da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística (CIPL), queremos manifestar o seguinte.
Todas as universidades galegas propuxemos na xuntanza da CIPL do 19 de xuño do 2013 abrir un diálogo coa Xunta para actualizar o Decreto 79/2010, do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario, como consecuencia da anulación xudicial de varios dos seus preceptos.
Entendíamos daquela que era precisa esa actualización para garantir o cumprimento dos pronunciamentos xudiciais, e tamén parar cumprirmos os obxectivos normalizadores marcados pola Lei de Normalización Lingüística de 1983, o Plano de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento en setembro de 2004, ben como a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.
Concretamente, as tres universidades considerábamos que os nosos equipos de investigación poderían contribuir decisivamente, desde a independencia e alta cualificación técnica da que dispoñen, á avaliación seria, transparente e rigorosa dos resultados da aplicación do Decreto. Esta avaliación está prevista na disposición adicional quinta do propio Decreto 79/2010 como paso previo á súa actualización.
En tal sentido, propuxémoslle á Xunta de Galicia a constitución dunha comisión mixta de traballo.
Porén, non recibimos resposta até o día de hoxe.
Consideramos que as razóns que nos levaron en 2013 a ofrecer a nosa leal colaboración institucional á Xunta de Galicia para avaliar cientificamente o cumprimento da legalidade vixente son a día de hoxe ainda máis prementes, vistos os síntomas de aparente retroceso que experimentou o uso do galego no nivel máis decisivo (educación infantil e primaria) para unha correcta formación das novas xeracións de nenos e nenas na nosa lingua propia.
Non poden existir motivos para que o goberno galego incumpra a obriga de avaliación que establece a propia legalidade vixente. Ningunha política pública pode construirse seriamente sen unha científica e transparente avaliación dos resultados derivados da súa aplicación, polo que reiteramos de novo a nosa oferta de colaboración institucional á Xunta de Galicia neste ámbito.
A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a 18 de xullo do 2014

Os responsables de normalización lingüística das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo.

Ás voltas coa diversidade cultural. As conferencias de Claude Lévi-Strauss para a UNESCO

por María X. Rodríguez Valcárcel nas Voces de Prolingua:


Ás voltas coa diversidade cultural. As conferencias de Claude Lévi-Strauss para a UNESCO é o título dun volume que, baixo a responsabilidade de José M. Álvarez- Castro, vén de publicar Edicións da Curuxa. No mesmo recóllese a versión galega de tres conferencias que o antropólogo francés elaborara por encomenda da UNESCO: Raza e Historia (1947), Raza e Cultura (1970) e Reflexión (2005). Amais do editor, outras tres persoas participaron nos labores de tradución e revisión da obra: José Mª Anguita Jaén, Roberto Fernández Bermúdez e María Xosé Rodríguez Valcárcel.

venres, 18 de xullo de 2014

Nel Vidal: "Co decreto do plurilingüismo que prohibe o ensino en galego de diversas materias ou que deixa o galego como residual en infantil é moi difícil dar pasos"

Belén Puñal entrevistou hai xa máis dunha semana a Nel Vidal para o Sermos:

Esta semana comeza en Carballo a décima edición do curso de verán sobre dinamización lingüística que organizan na nosa vila a Universidade da Coruña e a CTNL, a Coordinadora das e dos técnicos de normalización da lingua. O tema que centrará o encontro este ano, a transmisión interxeracional, é tan espiñento como crucial para o futuro da lingua. Mentres que a gran maioría das persoas maiores de 65 anos, case o 90% usan o galego, menos do 20% das e dos menores de 14 anos falan o galego e non chega ao 5% a porcentaxe de cativos e cativas que o empregan nas dúas grandes cidades do país: A Coruña e Vigo.
-Como xurdiu a idea de dedicarlle esta edición do curso de verán á transmisión interxeracional?
-Cada ano, céntrase o curso nunha temática concreta na que consideramos que hai que incidir no traballo para a normalización lingüística. Xa levamos un tempo dándolle voltas á transmisión interxeracional como punto fundamental para a normalización lingüística. É aí onde está a gran fractura, o gran problema do galego, como causa e como consecuencia, na transmisión interxeracional. Ás xeracións máis novas, ou non se lles transmite, nalgúns casos, ou non o utilizan na práctica como lingua de uso normal.

90 aniversario da viaxe de Castelao ao Pico Sacro

por Xoán Carlos Garrido no Faro de Vigo:


Hai 90 anos, por mor dunhas vacacións forzosas da actividade política e cultural imposta pola ditadura de Primo, Castelao ía ter oportunidade de realizar a ansiada viaxe ao cumio do Pico Sacro xunto cos seus amigos estradenses de El Emigrado.

mércores, 16 de xullo de 2014

De blogues.24

EU ETIQUETADOS EN GALEGO, 05/07/13, no blogue da empresa Daveiga
‘Sempre en Galiza’, 70 anos despois, 03/07/14, por Francisco Castro na Canción do náufrago
70 anos do «Sempre en Galiza», 04/07/14, por Ramón Nicolás no Caderno da crítica
CAMIÑOS AO XEITO, 05/07/14, en Lingua precaria
Abanca xa avanza?, 05/07/14, por Carlos Medrano en Xogos de lingua
Onte 1027: O 17 para Filgueira, 06/07/14, por M. Bragado en Brétemas
Filgueira 17-M, 06/07/14, por Ramón Nicolás no Caderno da crítica
Academia Galega e Filgueira, polémica servida, 07/07/14, por Perfecto Conde en Croques
A implosión do 17 de maio (Filgueira Valverde, O Escuro Mediador), 07/07/14, por Fran P. Lorenzo que escribe no blogue Un país en lata
Onte 1029: Gmail en galego, 08/07/14, por M. Bragado en Brétemas
#traballandoenlingua, 08/07/14, por Luz Cures en o demo me leve
Desde A Sega: I Día das Galegas nas Letras, 08/07/14, por Ramón Nicolás no Caderno da crítica
FILGUEIRA VALVERDE E A RAG: O PAN RESESO PARA O 17-M, 10/07/14, en Lingua precaria
Eu non fun, 11/07/14 en Cousas de Imeneo
O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE, 13/07/14, por Santiago Jaureguízar no seu Cabaret Voltaire
Outro marcador interesante: Filgueira, 14/07/14 por Xosé Manuel Pereiro en Si home si
Onte 1036: Tormenta perfecta no sector editorial, 15/07/14, por M. Bragado en Brétemas

martes, 15 de xullo de 2014

Eu etiquetados en galego, e ti?


Xa o ano pasado por estas datas se desenvolvera unha campaña cun lema moi semellante: "eu etiquetados en galego". E nunca está de sobras volver a insistir na necesidade dun tecido empresarial comprometido coa nosa lingua. Mágoa das institucións, que non tardan en sumarse ao carro dests iniciativas cando a relidade indícanos que hai 500 disposicións legais, a gran maioría facendo referencia precisamente á obrigatoriedade do etiquetado de produtos en español, porén a Lei do Comercio Interior de Galicia non ten ningunha referencia  á normalización lingüística. Desde o punto de vista empresarial isto é un desprezo directo a estas empresas que sí etiquetan en galego, e desde o punto de vista dos consumidores é un desprezo aos seus dereitos.

luns, 14 de xullo de 2014

Día das Letras Galegas vivo e frutífero como a lingua

por Marcos Maceira no Faro de Vigo:

Homenaxear unha "figura autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". Esa é a intención da Real Academia Galega cando institúe en 1963 o Día das Letras Galegas, segundo reflicte a acta da sesión que fixou a súa celebración. O Día grande da nosa lingua e da nosa literatura, como alta expresión do "xenio criador do noso pobo", que diría Castelao.

Filgueira e o franquismo

por Xoán Carlos Garrido no Sermos Galiza:

O problema non é se Filgueira asasinou a Bóveda ou non, tal como pretende situar os termos do debate unha “Voz” que gosta de presentar o nacionalismo como unha enfermidade irracional padecida por infrahumanos que se matan entre si. A cuestión é si no Estado Español se respectan os dereitos humanos. E, sobre todo, en que medida este debate previo condiciona calquera outro sobre a lingua e literatura que puidera haber e no cal eu non vou entrar por entender que quen está tras desta controvertida proposta non esta movido polo seu interese pola lingua ou a literatura galega.

O galego e a economía

por Francisco Castro no Sermos Galiza:

Botei un día enteiro participando nunhas xornadas profesionais centradas nos novos entornos de traballo nestes tempos complicados que estamos a vivir. Foi todo moi interesante e, coma sempre, aprendín cousas. Porque sempre se aprende escoitando falar a outros e a outras aínda que non sempre se compartan as súas ideas.

mércores, 9 de xullo de 2014

Un ano para Filgueira Valverde: burla, loucura ou provocación?

por Suso de Toro en El País


O “Día das Letras Galegas” é esencialmente mortuorio tal como el se celebra. Ese modo triste de celebrar a vida da nosa lingua naceu nun tempo que era hostil e naceu encollido, o triste é que chegou así até aquí. A sociedade galega debera ser capaz nesta altura de darlle forma a outra maneira de pór en valor a creatividade na nosa lingua e a afouteza duns falantes que seguen a sostela contra a Historia e contra todo. Non insisto, xa o repetín moitas veces. E sobre as academias en xeral e a RAG en concreto tampouco vou insistir.

Texto informativo de titores e titoras de cursos de linguaxes específicas

Texto informativo de titores e titoras de cursos de linguaxes específicas, vía CTNL


Os cursos de linguaxes específicas (presenciais e cursos en liña) dábaos e titorizábaos un grupo do profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Dende 2011 eran os 29 primeiros da listaxe, aos que ía unirse outro novo grupo de titoras/es que finalizaron a súa formación en xaneiro de 2014; por tanto, somos ou eramos un total de 40 titoras/es.

Dende a trincheira

por Miguel Ángel Alonso Diz en Letra en obras:

Hai unhas semanas publicouse un estudo da A Mesa pola Normalización Lingüística que retrata a realidade do noso idioma no ciclo de infantil dos colexios. Sitúa este estudo nun 2 % os centros que empregan o galego dun xeito maioritario.

martes, 8 de xullo de 2014

Os castelanismos: pulpo vs. polbo


Este mozo, Sebas G. Mouret, que se move como un arroaz na arañeira virtual, desmonta con bastante claridade de ideas a polémica xenerada polo alcalde do Carballiño e os seus presuntos sesudos valedores que pretendían elevar a palabra galega o castelanismo pulpo.
Tamén aproveito para invitar a Sebas a galeguizar o resto da súa enorme produción.

Non en 2015

por Marta Dacosta no Sermos Galiza:

Este 5 de xullo reuniuse a Academia Galega. Como cada verán era o seu cometido elixir a persoa que sería homenaxeada no ano seguinte con motivo das Letras Galegas, esa efeméride que, segundo recolle a propia Academia: “viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.” (declaración do 20 de marzo de 1963).