No centro de Fisterra colocouse un panel baixo o programa da Xunta do Xacobeo 2010 escrito en catro linguas: galego, inglés, español e francés. Normalmente nestes casos enténdese que o que aparece escrito é aproximadamente o mesmo en cada un dos idiomas, mais éste non é o caso nesta ocasión. Aínda que non saibamos nada de francés podemos comprobar como se aproveitou o texto redactado nesta lingua para promocionar o que é tanto un disparate toponímico, como un debate ficticio encol do topónimo do concello da Costa da Morte.
O máis triste do caso é que outra vez é unha Xunta, que abre tanto a boca para facer propaganda da súa presunta defensa do galego, para usar os múltiples mecanismos que ten na súa man para atacar transversal e sistemáticamente tanto a nosa lingua como o orgullo que dela debéramos ter. Como sempre: boas palabras e malas accións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario