Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 7 de febreiro de 2014
O galego na empresa, e na escola. Unha combinación perfecta.
Un non deixa de levar sorpresas positivas ao recibir noticas de actividades realizadas nos Equipos de Normalización. Un novo exemplo vén deste vídeo que é un excelente exemplo dunha transmisión clara dunha idea, moi ben editado, cun acompañamento musical acaído á súa feitura e de pequena duración. Non chegaba con isto, e ademais trata un tema, o da normalización na empresa, completamente esquecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (lembremos que o único que fixo a Xunta nestas dúas últimas lexislaturas ao respecto foi aprobar unha Lei de Comercio sen poñer unha palabra referente á normalización da lingua, que manda truco!).
O representante da empresa Caramuxo de confección de camisetas, conta como o valor da súa actividade comercial está asentado no uso e valorización da lingua galega. A cousa non queda aquí. No CPI de Mondariz aproveitaron ben o zume desta visita de Caramuxo e montaron un obradoiro de creación de camisetas e finalmente un concurso: "co galego na túa camiseta". No Equipo de Normalización do CPI de Mondariz crearon uhna combinación perfecta e chegaron ao que parecería un imposible sen non o vísemos cos nosos propios ollos: achegar aos ollos dos escolares o valor da normalización por medio do mundo empresarial.
E o blogue, Moito Eu, unha fermosura.
Vía CDSG
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Pois o curso pasado tentamos traelo ao noso centro...
ResponderEliminarPois será mellor que non vaia este ano tampouco, senón quen nos verá facendo camisetas no mes de agosto
Eliminar