Palabras de Valentín García hai hoxe un ano:
Hoxe é o día seguinte do aniversario de Rosalía [...]. A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación non queren deixar pasar estas datas sen que [o aproveitásemos para que] a través do Equipos de [Normalización e] Dinamización Lingüística poidamos desenvolver unha campaña que dinamizase o uso da lingua galega entre o alumnado, que promova o coñecemento de Rosalía de Castro, [...] e promover o uso da lingua en espazos e soportes novos
Daquela a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, sumáronse tímidamente á cicloxénese Rosalía. Este ano viráronlle as costas ás celebracións e actividades que se realizaron tanto desde a AELG, a Fundación Rosalía, como as compartidas por unha multitude de asociacións culturais e Equipos de Normalización Lingüística. Mentres o tecido cultural galego festexa o Día de Rosalía, a Xunta fica fóra de xogo. Hoxe xa non quer promover o coñecemento de Rosalía de Castro, e para min que detrás está outro empeño: o de reducir o uso e o prestixio da lingua galega.
A situación foi denunciada nun comunicado suscrito pola AELG, GÁLIX e AGE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario