Un ano máis a Asociación Cultural Vagalumes será quen na Estrada guiará a lembranza de Rosalía de Castro. Será o 24 de febreiro ás 20:30 na sala de exposicións de novagalicia banco.
O desenvolvemento do acto procurará achegar análises e debates sobre esta autora clásica. Aproveitarase a ocasión para lembrar a súa obra, aínda descoñecida e desprezada. Haberá un espazo para lecturas e vídeos.
Noutras vilas e cidades aproximadamente á mesma hora vanse levar a cabo homenaxes semellantes seguindo a convocatoria realizada pola AELG.
Presentación de “Cantares gallegos hoxe” de Mª Pilar García Negro
O vindeiro venres 28 de febreiro, ás 20:30 na sala de exposicións de novagalicia banco da Estrada presentarase a obra “Cantares gallegos hoxe” da profesora Mª Pilar García Negro.
Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea. “O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares... desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario