Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 4 de xullo de 2014

Medallas Castelao?

Así comenzaban os discursos dos galardoados con unha desas medallas que o querido Avelino Pousa Antelo rexeitara dignamente no seu día, como presidente da Fundación Castelao, e como gran difusor da obra e o legado do escritor, artista e político rianxeiro:


  • Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa: "Voy a ser un alumno disciplinado y voy a cumplir el escaso tiempo que me ha sido concedido...". En español ao recibir unha medalla que debería honrar o nome de Castelao.
  • Carmen Fraga Estévez: "No existen palabras para agradecer la emoción que me produce esta medalla, probablemente el más gallego de todos los galardones,....". Tamén en español.
  • Francisco Javier Pitillas Torras : "Despues de ver a los galardonados de toda la historia de las medallas Castelao, no me queda más que agradecer..." A demostración final de que estas medallas non fan outra cousa que usurpar o nome do símbolo do galeguismo.


Finalmente Alberto Núñez Feijóo facía un uso partidista do acto de entrega para manipular precisamente a figura de Catelao.
Mentiu Feijóo ao dicir que nos reinados de Juan Carlos I e Felipe VI "Galicia ten a condición de protagonista" cando el é un dos orgullosos verdugos da Galicia orgullosa de si propia, sen dependencias nin subordinacións. En que momento as decisións dos galegos estiveron no primeiro plano do decorrer histórico dos últimso 40 anos? Cando co ingreso na CEE se estableceron as bases de destrución do sector agro-gandeiro galego? Cando se pechou Astano? Cando se nos concedu un estatuto de segunda no canto dun de terceira? Cales foron os deputados que defendon os intereses de Galicia?
Manipula Feijóo cando di que "A Monarquía constitucional permitiunos ser como queremos ser [...]. Nunca foi limitación senón impuso" pois ben sabemos que Monarquía e galeguismo son incompatibles, máis aínda, o fortalecemento da primeira implica un debilitamento da segunda, e viceversa. Nun artigo do ano 1933 Castelao deixábanos a seguinte sentenza: " monarquía quer dicir centralismo e república quer dicir descentralización". Mala parella forman, xa que logo, Castelao e a monarquía.
Xa que Feijóo garda un espíritu tan pequeno, que como diría Castelao, xa ten colmadas as súas ansias de liberdade con esta cativa autonomía, se atreve a lixar o pensamento do galeguista segundo a súa particular interpretación, non estaría de mal aplicarlle outras palabras do propio Castelao que tan cedo como no ano 1923 explicaba que as procamas anticaciquís ficaban baleiras se non tiñan contido galeguista, así concluía que:
" O cacique é un home que manda pol-a forza que lle dan en Madrid. O cacique non-nos representa a nós; representa ó poder central [...] Eu propoño ós irmáns da Causa que non se fale de caciques e que somentes falemos de representantes do poder cental"

2 comentarios:

  1. avelino non rexeitou a medalla castelao...foille entregada por Touriño sendo conselleira Anxela Bugallo.De fraga si que a rexeitaría e de feito mandou recado ben veces...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradécese a corrección sobre todo de alguén tan vencellado á Fundación Castelao coma ti. Eu estou seguro de que o lin nalgún sitio, se lembro onde xa che mandarei recado.

      Eliminar