Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 7 de abril de 2015

Feijóo



Hoxe unha nova versión. Neste caso do tema  "Roar" (Katy Perry) a cargo dos Poetarras Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde.
É moi significativo que entre os tópicos escollidos para definir a Feijóo, destaque o da súa política lingüística:
"decreto vai, decreto ven,
dialectos para el almacén.
En español, logo en inglés,
pero en galego non hai ren.
Enquisa vai, enquisa ven,
galego quero aprender,
pois iso xa na casa de cada quen"

E por que súa en cursiva? Pois porque esa política lingüística nin tan siquera está feita en Galicia. O que fixeron e farán Feijóo, Jesús Vázquez, Anxo Lorenzo, Valentín García e Román Rodríguez vén ditado desde un poder foráneo que eles acatan sumisamente e nos impoñen férreamente. Os principios polos que se dirixe a política lingüística parten da negación do conflito lingüístico. Isto ten como consecuencia inmediata a sumisión inmediata do galego, a súa negación na práctica. A única lingua de seu é o castelán. Trátase, xa que logo, de forzar todos os mecanismos sociais para acurralar ao galego o máis posible, e todo isto baixo un discurso de pretendida defensa da nosa lingua. Velaí que se ten que construir un discurso fantasioso que se distribúe de arriba cara abaixo polas canles do poder.



Ningún comentario:

Publicar un comentario