Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 18 de abril de 2015

Planta unha lingua



Quim Masferrer, Anna Sahun, o Natxo Tarrés e  Ly Leap explican neste vídeo a nova campaña da Plataforma per la Llengua
Hoxe, 18 de abril, na praza do Borne de Barcelona, levarase a cabo unha plantación simultánea en defensa do catalán. 300 persoas plantaranse simbólicamente en maceteiros xigantes simbolizando as 300 linguas que se falan nos Países Cataláns, debuxando a contorna do territorio de fala catalá. Unha inicitiva vistosa e en plan lúdico e positivo.
Espero ver o retrato do/a plantado/a que representa a miña lingua.
Paralelamente fíxose unha convocatoria-concurso para compatir fotos nas redes sociais facendo referencia ao lema da campaña #joemplanto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario