O Instituto de Estudos Miñoráns está levando a cabo unha gorentosa serie de encontros cos voceiros parlamentarios dos catro grupos con representación no Parlamento baixo o título Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros.
Os contidos destes encontros están sendo gravados e podemos consultar os vídeos de cada un deles: Ana Pontón (BNG), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG-PSOE), Luís Villares (En Marea) e Pedro Puy (PP). O que traio aquí é un recorte da intervención de Luís Villares no que aborda a cuestión da lingua. Cómpre escoitalo pois o xuiz Villares ten traballado con proveito nos aspectos xurídicos da lingua. Concretamente, é un dos colaboradores no libro Sobre o racismo lingüístico (Laiovento, 2008) e foi o coordinador doutro, Estudos xurídicos para o decreto para o plurilingüismo (Laiovento 2010)
Ningún comentario:
Publicar un comentario