Uns días atrás, o blogue Lingua de Montes do ENDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei), divulgaba a noticia da visita do sociolingüista bengalí Anik Nandi. Un día despois xa colgaban esta entrevista que lle fixeron dúas alumnas de 1º de bacharelato.
Anik Nandi, falante de bengalí, lingua minoritaria de 260 millóns de falantes chegou por primeira vez a Galicia no ano 2007, despertóuselle o interese pola nosa lingua e este interese fixo que non lle custase moito aprendela.
"O galego é a lingua do corazón", esta é unha das súas frases, coas que Anik Nandi explica que o futuro da nosa lingua pasa porque nos sintamos orgullosos da lingua que falamos.
Esta visita non foi a única que Anik Nandi realizou aos centros de ensino. Durante algo máis dun mes o sociolingüista pasará por unha ducia de institutos. Trátase dunha iniciativa ben orientada, o cal, non deixa de ser sorprendente por vir de quen vén. En todo caso é unha mágoa que a voz deste galego bengalí non se achegara a máis lugares da nosa xeografía.
Máis:
IES San Clemente (Santiago de Compostela), 10 de xaneiro de 2017

IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), 17 de xaneiro de 2017
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, 18 de xaneiro de 2017
IES Félix Muriel (Rianxo), 19 de xaneiro de 2017

Ningún comentario:
Publicar un comentario