Eu invito a quen non o fixera, que pegue un paseo por estas 21 entradas:
- DÍA 01 - ARRINCAMOS OS 21 DÍAS CO GALEGO 2017, 1/30/17
- DÍA 2 - Vai de adiviñas e A cidade dos desexos, 31/01/17
- Día 03 - Refráns e trabalinguas / As flores radioactivas, 01/02/17
- DÍA 04 - Lendas e contos / As tundas do corredor, 02/02/17
- Día 05 - Cancións / Trece anos de Branca, 03/02/17
- Día 06 - Con alegría e bo humor / Tres pasos polo misterio, 04/02/16
- Día 07 - Hoxe imos xogar! / Rapazas, 05/02/17
- Día 08 - Hoxe vai de moda / Cos pés no aire, 06/02/17
- Día 09 - Rueiros de literatura / Un tren cargado de misterios, 07/02/18
- Día 10 - A importancia de ensinar a lingua / O raio veloz, 08/02/17
- Día 11 - Facemos titoriais / No corazón do bosque, 09/02/17
- Día 12 - Vivamos como galeg@s / Contos por palabras, 10/02/17
- Día 13 - Panorama musical / As fronteiras do medo, 11/02/17
- Día 14 - Bilingüismo / O soño do merlo branco, 12/02/17
- Día 15 - Antroponimia e toponimia / Corredores de sombra, 13/02/17
- Día 16 - Falamos de amor / Amor dos quince anos, Marilyn / Concha Blanco e María Canosa, 14/02/17
- Día 17 - O galego no mundo laboral / A praia da esperanza, 15/02/17
- Día 18 - Videoxogos / Raquel ten medo, 16/02/17
- Día 19 - Sociolingüística, enquisas / A fuxida do mar, 17/02/17
- Día 20 - Rosalía / O centro do labirinto, 18/02/17
- Día 21 - Caldo de Gloria / O segredo da illa negra, 19/02/17
Desta volta quixen escoller un par de vídeos, os que máis me chamaron a atención.
O primeiro deles, pola súa coidada feitura, chegou desde o IES As Barxas (Moaña)
Do segundo encantoume a alegría e desenvoltura deste rapaciño, Hadrián Teiga, que ofrece as súas impresións sobre o libro O soño do Merlo Branco
Moitísimas grazas por dar conta do noso traballo.
ResponderEliminarGustaríame sinalar que Lendo con Agustín vai continuar, non remata cos 21 Días co Galego.
E a nivel persoal, como tía, cáeseme a baba de que destacases o vídeo do meu sobriño Hadrián :)
Hai varios meses que se me despistou o dos comentarios. Con case un ano de retraso, grazas a ti polo enorme labor que desenvolves
ResponderEliminar