Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 6 de marzo de 2019

Avergoñeime de falar en galego



Ana Varela é unha moza que acabou vivindo entre Ferrol e A Coruña e que agora reside en Corea do Sur. Agora é coñecida como Ladi Avellana, o pseudónimo de youtubeira. Neste vídeo, que me chegou do Galicia Confidencial,  cóntanos como foi o proceso que a levou a que se avergoñase de falar en galego, e como agora se avergoña de terse avergoñado.
Neste vídeo relátanos os ataques recibidos por falar en galego, sempre reproches cargados de prexuízos un uso dunnha lingua minorizada e maltratada. Así que deixou de falar en galego.
Ana Varela fala de varios desencontros con profesores polo feito de ter usado a lingua galega. Fala de que, xa na Universidade presenta un traballo, xunto cunha compañeira, en galego. Entón o profesor comenta:
- Y ustedes, por que hacen el trabajo en gallego?
Tiveron que dar explicacións. Con todo, a nota recibida era inusialmente baixa. A xustificación era que se utilizaba un vocabulario incorrecto. A compañeira de Ana, xa se vira en situacións semellantes, así que soubo reaccionar e reclamoulle ao profesor, dicionario en man, a puntualización desas supostas incorreccións. O profesor acabou incrementando a nota.

Ningún comentario:

Publicar un comentario