Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua na categoría de Infantil e primaria. Foi realizado polo grupo Paroleiros do CEIP Albeiros (Lugo) quen argallou unha estupenda canción para a ocasión. Parabéns merecidos.
Alén disto, As rapazas e rapaces de 4º da ESO do IES de Carral gañaron o concurso de elaboración do manifesto para o Correlingua 2019, o texto que se vai ler en todas as celebracións do Correlingua deste ano. Con moito acerto fixeron protagonista á química da súa proposta. Lembremos que estamos a celebrar o 150 aniversario da publicación da primeira táboa periódica dos elementos químicos; e lembremos tamén que a Química é unha das materias sobre as que o funesto decreto de exclusión do galego no ensino non universitario determina a súa prohibición para impartilas en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario