Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 16 de abril de 2010

"Nunca houbo reflexión sobre as fórmulas para manter o galego"

Mauro Fernández é profesor de sociolingüística na USC. Foi director científico do I Mapa Socio Lingüístico de Galicia de 1992. Para termos unha primeira aproximación aos seus puntos de vista podemos ler unha entrevista que lle fixo A Nosa Terra o pasado mes de decembro.



Henrique Monteagudo é o secretario do Consello da Culura Galega, e un dos máximos responsables do ditame deste organismo sobre as Bases do decreto.
Nesta mesma bitácora xa colocamos algún comentario deste autor ou un artigo como o titulado "Atar o galego en curto"

Hoxe, no diario El País fanlle unha entrevista conxunta aos dous:

Mauro Fernández e Henrique Monteagudo son dous dos profesores que máis teñen reflexionado sobre as condicións sociais do galego e as medidas precisas para a súa supervivencia. Aquí conversan sobre as recentes tensións arredor da lingua

O aparente consenso que, ao longo da autonomía, presidiu as políticas lingüísticas en Galicia saltou polos aires vai para tres anos. Entón, o PP desmarcouse, coas negociacións sobre o decreto do galego no ensino pechadas, do acordo parlamentario. A lingua colocouse en primeiro plano do debate, e a nova lexislación que, con todos os axentes sociais en contra, sacará adiante a Xunta de Feijóo non contribúe ao acougo. O catedrático de Lingüística Xeral da Universidade da Coruña Mauro Fernández (Santiago, 1946) e o profesor de Sociolingüística en Santiago e colaborador deste xornal Henrique Monteagudo (Muros, 1959) analizan a situación.

Pregunta. Como avalían o decreto das linguas no ensino?

Henrique Monteagudo. É unha fórmula menos mala do que temiamos. A solución do 50% non me parece negativa, pero en moitos centros xa se avanzara máis sen problemas e vanse ver obrigados a recuar sen xustificación racional. No ensino debe primar o galego por varias razóns, entre elas compensar o uso das linguas fóra da educación. Un modelo educativo basicamente en galego sería beneficioso, pero non se pode facer sen consenso social. Era mellor adoptar unha postura flexíbel.

Mauro Fernández. A min a norma non me parece negativa. Se ben é certo que había centros nos que se viña dando máis sen problemas, tamén é verdade que noutra parte había poucos problemas cara ao público pero moita conversación hostil. A norma anterior, ben intencionada, desafíou a unha parte da sociedade. Con todo, aí está ese sector importante de xente que quere máis galego. O que me diferencia de Henrique é que eu apoio a flexibilidade nas dúas direccións.

H. M. Eu tamén.

M. F. Se hai quen quere máis galego, tamén haberá quen queira menos e haberá que contemplalo. Debe haber uns mínimos garantidos para cada lingua, pero nunha banda elástica.

H. M. É preferíbel que un centro que non poida chegar, polas razóns que sexa, ao 50% o explique e que se vexa autorizado a dar un 35% a non facer nada. Dar un marco común con regras claras e con flexibilidade. Pero é responsabilidade dos poderes públicos apoiar a lingua en desvantaxe, na liña que marca a lexislación, progresivamente. Se o problema é afinar criterios, puídose facer eliminando que o 50% en galego inclúa as mal chamadas troncais. Se se considera excesivo, haberá que volver ao Plan Xeral.

M. F. Pero a norma do bipartito estaba sobredimensionada no tocante á lingua materna. Resultaba máis prudente a norma de 1995, que non recibiu contestación cidadá. Por que había que cambiala?

H. M. Nesta norma hai outra cuestión negativa, os pais. No programa electoral do PP dise unha cousa tan pintoresca como que os pais elixan a lingua materna dos fillos.

M. F. É dicir, cal é. Iso xa se fai cada ano. Amárraste demasiado á literalidade dunha frase. Trátase de que os pais digan cal é.

P. Fernández asegura que o decreto do 95 non recibiu contestación, pero tampouco freou a perda de falantes de galego.

H. M. Polo medio está o Plan Xeral [2004], que o decreto do bipartito desenvolve.

M. F. No programa do PSdeG de 2005 non figuraba o cambio dese decreto. No do BNG non o sei, porque non o lin.

H. M. E no do PP estaba que a reforma do decreto se faría por consenso. O Plan Xeral está polo medio, aprobado por unanimidade e impulsado polo PP. Con todo, neses días faltou debate social e acabouse dando máis tarde, a contrapé. Daquela explicáronme na Xunta que había que aprobalo así para que o PP de Madrid e un sector do PP galego non se opuxesen.

M. F. Si, pero a sociedade está detrás. E moitas das medidas previstas nese plan, cando se pretendan levar á práctica, amosarán o seu potencial conflitivo. Para min foi unha sorpresa aquel plan, ten moita alegría.

H. M. Era máis ou menos ambicioso. Mais requiría ese debate social do que, se cadra, saía outro plan distinto, máis afinado. Así, deu a sensación de que era cara a galería, propaganda.

M. F. Contaban cunha aplicación máis demorada e non con deixar o poder tan axiña. Lembro, cando se aprobou o decreto de 1995, ó conselleiro Piñeiro Permuy asegurando diante da xornalista Isabel San Sebastián que o galego non chegaría "nin de lonxe ao 50%". Pasou dende o prinicipio, cando o decreto do bilingüismo do 79 en Cataluña foi moi ben acollido. Aquí non.

H. M. Iso ten que ver con como é entendido o bilingüismo aquí e alá. As medidas que toman os catalanistas en defensa e promoción do catalán son en nome do bilingüismo e en Galicia deixamos o bilingüismo en mans de Galicia Bilingüe. Os que defenden o galego tenden a rexeitalo, alléandose o apoio de sectores da poboación que nun horizonte bilingüe aceptarían cousas ás que nun horizonte non bilingüe se resisten.

M. F. En Cataluña é importante ver como mesmo sectores do independentismo catalán están pensando en reconsiderar a lexislación lingüística para lle facer máis sitio ao castelán. Libros como La rectificació. Hai o convencemento de que a independencia vai necesitar a complicidade dos castelánfalantes. Pódese querer que Cataluña sexa un Estado e falar en castelán. Se aquí falas de que o castelán non é alleo, convérteste nun inimigo satánico.

P. O discurso do bilingüismo comeza a abrirse paso en sectores do nacionalismo galego.

H. M. Na xente nova, de procedencia urbana. Pero no discurso oficial, defender o bilingüismo non é que se ignore, é que se condena.

M. F. Non observo iso.

H. M. O mito do monolingüismo nace unido ao nacionalismo dos anos setenta. Daquela, a maioría da cidadanía falaba galego e abondaba con que o nacionalismo tomase o poder e a lingua ía detrás. Logo, o nacionalismo cambia e admite que o castelán ten máis presenza. Asúmeo como ameaza pero non saca as consecuencias lóxicas. Se admites que o castelán está estendido terás que cambiar á aspiración ao monolingüismo, unha aspiración antes verosímil e agora lunática.

M. F. O galego é aínda maioritario. Agora ben, non o vai ser durante moitos anos máis. Non sei que horizonte de futuro quere Galicia, pero non pode ser o de comunidades lingüísticas segregadas e pechadas. O futuro do galego pasa non tanto pola cantidade de galegofalantes habituais, senón pola actitude e polo uso que fagan del os castelánfalantes, que van ser maioría. Ser castelánfalante non é abandonar o galego. Pódese participar de máis dun sistema cultural: non hai que escoller entre José Hierro e Manuel María. Lamento que o Goberno anterior nesgase o discurso e lamento todo discurso que considere o castelán lingua allea, imposta.

H. M. Hai que abandonar o paradigma da identidade monolítica, un mal reflexo do nacionalismo español, o primeiro que difunde a idea de nación monolítica e monolingüe.

P. A mensaxe contra o galego lanzouse precisamente dende o nacionalismo español.

H. M. Historicamente hai un comprensíbel movemento reflexo. Pero o que hoxe interesa á lingua galega é o discurso da diversidade. Non queremos identidades monolíticas, nin estados ou nacións homoxéneas.

P. Ese proceso de substitución do galego polo castelán é irreversíbel?

M. F. A política lingüística nunca ten a incidencia agardada. Neste momento, aínda vixente o decreto de 2007, o 70% dos nenos de 5 a 16 anos teñen a maior parte das asignaturas en galego e hai só un 30% que o usan habitualmente. Non van cambiar. O mesmo que con ensino en castelán nun ambiente galego seguirían falando galego. Cando se di que na escola entran os nenos falando galego e saen falando en castelán, é certo. Pero non é só a escola.

H. M. A política lingüística debe dar un marco de dereitos. Pero é máis grave o clima social que fomentaron o PP e determinados medios de comunicación. A sociedade súfreo.

M. F. Sempre pode haber discursos crispadores, pero non é bo que os provoque o Goberno. A escola é unha parte e o Goberno pode facer outras cousas que non teñen a contestación dunha medida que incide directamente nos nenos.

P. De quen é responsabilidade este clima social?

H. M. Hai problemas reais e resistencias reais. Proceden de sectores sociais até agora á marxe do galego e que comezan a pensar que non saber galego limita. E son sectores con influencia nos partidos e nos medios de comunicación. A novidade é que unha forza política de goberno dá cobertura a isto por electoralismo. O PP atravesa un proceso de renacionalización española, centralista.

M. F. A política lingüística non pode ser homoxénea. Iso causa problemas.

H. M. E a ecoloxía das linguas cambiou moito. Hai 40 anos, a escola era a única garantía de aprender castelán.

M. F. Por iso non se pode chamar imposición. Toda medida lexislativa é imposición e hai algunha mesmo no nome, como os impostos. Pero se as percibes como ilexítimas, mal asunto.

H. M. Eu estudei as mensaxes galeguistas de entreguerras e nunca reclamaran o ensino en galego, senón a súa lexitimación na escola. Daban por feito que o galego xa se falaba e que a escola debía ensinar castelán, a única maneira de aprendelo. O mantemento da lingua estaba garantido socialmente. Esa mentalidade aínda existe en pais que non se decatan de que agora, se a escola non ensina o galego, non se vai aprender.

M. F. Pero queremos que a escola ensine o galego ou queremos que a escola cambie os hábitos lingüísticos?

H. M. A cuestión non é só a competencia lingüística, senón a competencia comunicativa. A escola atópase a medio camiño.

M. F. Para esa competencia chega un 50%?

H. M. Non hai unha fórmula máxica nin homoxénea.

M. F. As competencias que ensina a escola son diferentes das que ensina o resto da sociedade. Onde se fala galego adquírense competencias, por exemplo insultar, que na escola non pintan nada. Nas destrezas que debe ensinar a escola, comprensión de textos complexos ou sintaxe, necesítanse miles de horas máis?

H. M. O que sabemos é que o modelo de inmersión funciona.

M. F. Cando a xente o quere.

H. M. A inmersión, polo que sabemos, é o mellor. Tamén sabemos que para que funcione precisa consenso. Asociar a inmersión co nacionalismo ou descualificala non ten sentido.

M. F. É unha vella obsesión do PP.

H. M. A inmersión permite o mantemento das dúas linguas. Nun horizonte de bilingüismo, a xente non obxecta tanto a inmersión. Cando se defende a inmersión para o monolingüismo hai unha reacción lóxica en contra.

M. F. Nos modelos de inmersión que procuran un mellor bilingüismo que os de non inmersión, por exemplo no Quebec, empézase cun ensino completo en francés e logo introdúcese o inglés e así ano tras ano até chegar ao 50%. Os modelos de inmersión propostos como ferramentas para o bilingüismo non teñen nada que ver cos modelos para construír a nación.

H. M. Este país debe pensar seriamente se quere manter esta lingua. Queremos manter a lingua nunha funcións normais? Pois entón a cousa vai por aí. Non houbo esta reflexión, nin sobre o custo, nin sobre as fórmulas. Se o país quere manter a lingua e demóstrase que é suficiente o 50%, adiante. Pero son cuestións instrumentais, porque a cuestión de fondo é ¿queremos manter o galego?

M. F. Nada que obxectar, só que a inmersión non é o único que funciona. A inmersión á catalá, para toda a poboación, non funciona porque a xente non a quere. Ben, non a quere xente poderosa. E debería haber cambios lexislativos.

P. Defenden que "a plenifuncionalidade do galego é imposíbel".

H. M. Hai a idea a primeira vista aceptábel pero en detalle falaz de que todas as linguas teñen a potencialidade para funcionar en todos os contextos e para expresar todas as ideas. Na realidade todas as linguas son desigualmente capaces. É imprescindíbel para o galego que poidas estudar enxeñería aeronáutica en galego? É dubidoso. Sospeito que ninguén estuda aeronáutica en portugués ou en italiano. É problema de escala. As linguas menores de Europa central e oriental teñen funcións cubertas e xa está.

M. F. A garantía de supervivencia dos dialectos alemánicos de Suíza foi o valor doméstico. Abandonar esta dimensión, que teñan que competir na ciencia con linguas con máis capacidades... O tagalo ten 40 millóns de falantes nativos e 200 como lingua de comunicación, e non pinta nada na ciencia.

H. M. A cuestión tampouco é exactamente de número, é de contextos. Pero se te perdes esforzándote porque o galego se use na aeronáutica, igual perdes un terreo decisivo.

M. F. A taberna, por exemplo. Non podes cambiar a taberna pola revista de Física. Xa non hai revistas de Física nin en español.

H. M. A idea da plenifuncionalidade está ligada á idea da lingua nacional que cobre todo o territorio e todo o espazo comunicativo. Iso foi unha novidade histórica, moi extraordinaria. O máis corrente é que haxa distribución de funcións.

M. F. Hai que dar coas claves de entornos multilingüísticos persistentes como Filipinas, onde ningunha lingua está en perigo e mesmo teñen máis falantes que hai 50 anos.

P. Refírense a asumir a diglosia para o caso galego?

M. F. A palabra que foi demonizada e moi mal entendida.

H. M. Utilizouse para definir situacións de dominación lingüística, cando se refire a situacións nas que existen diferentes linguas para diferentes funcións, sen connotacións.

M. F. Foron pouco afortunadas as formulacións de Fergusson en termos de alto e baixo. Os ámbitos informais son moito máis importantes que os ámbitos formais na vida da xente. Unha lingua non pode sobrevivir só nos ámbitos formais. As funcións chamadas altas deberían ser a fala distendida, contar os chistes, falar na casa.

P. O horizonte do bilingüismo do que falan non será posíbel se o galego pasa á marxinalidade. Como reverter a diminución de falantes?

M. F. Fuxir da grandeza. O importante non é estar en Bruxelas, non nos relacionamos diariamente coa UE; non obsesionarse coa universidade, que vai funcionar en inglés en pouco tempo. Hai que insistir nos valores identitarios. Se deixamos de falar o galego, a nosa identidade vai ser distinta. Tamén nos aspectos funcionais: os nenos teñen que saber galego e é obriga do Estado que o saiban, porque aínda hai máis dun 50% de xente que o fala e con dereito a usalo, que queda en nada se a outra metade non pode responder positivamente a ese dereito. O galego ten utilidade. Para Bruxelas? Non, ten utilidade para aquí.

P. Que o galego acceda a ámbitos como a universidade ou o Parlamento europeo serve para lexitimar unha lingua desprezada.

H. M. Hai políticas de recoñecemento que están ben como reforzo. Pero é unha cuestión de prioridades e unha prioridade é que o galego funcione na sociedade galega. E iso implica a atención, sobre todo, ás novas xeracións.

M. F. Hai que traballar moito o entorno cultural, e non me refiro á alta cultura: contos, televisión, música, a tradición... Os nenos teñen que saber os versos de Rosalía, pero sen enterarse como os aprenderon. Todas esas cousas son as que crean unha relación afectiva coa lingua. A clase de matemáticas, non.

Un proceso inacabado

por Xabier Queipo, escritor, na Nosa Terra

Levo anos escribindo e opinando. Raramente recomendo un libro, consciente como son das múltiplas voltas que cada un de nós ten como lector. Amais, a vida nin sempre é un proceso lineal –case nunca o é– de xeito que o que hoxe parece marabilla, ao cabo dos anos non sabemos como chegamos a ler semellante ladrillo, ou o contrario, algo que un día de outono e pouco ánimo se nos cae das mans, xa logo pasadas as primaveras se converte nun dos nosos libros preferidos. Xaora e cos tempos de mudanza que corren, se cadra ir falando mellor de lecturas que de libros, de fragmentos encontrados aquí e alá que de totalidades.

Todo este introito un pouco longo para lles falar dun libro De Fala a lingua: un proceso inacabado, da profesora Pilar García Negro, que comecei a ler no verán, o día mesmo en que tiven que o presentar accidentalmente –collido con lazada no medio e medio do Festigal– e ao que regresei hai pouco para confirmación do gusto.

En momentos tan cruciais para a nosa lingua agredida polos tecnócratas e os traidores, polos renegados e os ignorantes, resulta máis necesario que nunca fortalecer as posicións, dotarse dun acervo de argumentos, de armas e coirazas para se defender das medias verdades e das mentiras insidiosas, dos monicreques absurdos que só repiten consignas e dos mequetrefes que renegan do legado dos seus.

García Negro ofrécenos un manual académico e militante inzado de alfaias discursivas e documentos esencias. Configura así un magnífico argumentario a prol da lingua de noso e axuda na tarefa cotiá de resistir coa forza da razón.

Política lingüística contra o Correlingua.

De Galicia Hoxe:
Malia non contar co apoio do Goberno galego -nin da Consellería de Educación nin da Secretaría Xeral de Política Lingüística- o Correlingua volverá mobilizar 40.000 alumnos de centros educativos de toda Galicia que percorrerán as rúas de 14 vilas reivindicando o seu "dereito a vivir na nosa lingua" co lema "Galego: a forza do noso amor" -unha cita do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras, Uxío Novoneyra-.

26.945. O poder das cifras

A primeira vez que tivemos noticia sobre o caso misterioso do 26.945 foi en Brétemas, na bitácora de Manuel Bragado.
Agora despouse o misterio, un correo anónimo aos medios cunha ligazón a un blogue explica en que consistía a campaña:
GALIZA PERDE 26945 FALANTES DE GALEGO CADA ANO

Hoje o nosso País perde falantes. 26945 falantes de galego menos cada ano. Nos últimos meses vimos espalhando este número polas ruas do País. Desde hoje começamos umha campanha pedagógica para que todos os galegos e galegas saibam que a nossa língua está a ser sustituida polo castelhano a um ritmo de 26945 falantes por ano.

O governinho do PP através da “Xunta de Galicia” e de entidades anti-normalizadoras e anti-galegas pretende aumentar o ritmo de desapariçom da nossa língua. O PSOE, nos últimos tempos camuflado de defensor do galego, é responsável no nosso País junto com o PP de defender um quadro jurídico-político que nega constantemente a única oficialidade da nossa língua e a plena normalizaçom em todos os ámbitos da vida pública.

Esta perda acelerada de falantes produce-se pola negaçom histórica dos direitos nacionais e linguísticos da Galiza. Hoje seguem a existir pessoas, com nome e apelidos, e instituiçons plenamente volcadas na negaçom dos direitos do povo galego e do direito de plena normalizaçom lingüística e polo tanto, como toda comunidade nacional normalizada: a práctica do monolingüismo social.

Nos próximos meses, a mocidade galega mais combativa e consciente botaremonos aos centros de ensino, de trabalho e as ruas do Pais para denunciar directamente a todos e todas aqueles que tenhem responsabilidades directas na morte do galego e na extensom dos prejuíços contra o galego e os galego falantes.

Queremos fazer um chamamento à mocidade galega a denunciar no seu ámbito a todos e todas aqueles que tenham actitudes hostís e espanholistas cara a nossa língua. Fazer um chamamento para tomar consciencia de que a nossa língua perde falantes e isto tem responsáveis concretos. Construamos um movimiento juvenil forte e combativo que saiba castigar aos que hoje como onte som inimigos irreconciliáveis do galego, da mocidade galego e do País.

Em Compostela, 15 de Abril de 2010.

Estaría ben sabermos de onde sae esa cifra. En todo caso, diante de toda a farramalla de porcentaxes e enquisas, ésta en unha novidosa forma de abrir un debate sobre a perda de falantes. De ser certo que o galego perde anualmente 26.945, toca a 73,8 ao día, ou 3 por hora. Un galegofalante menos cada 20 minutos.
Mete medo. Eis o poder das cifras.

Complecso sen complexos

Temos que seguir a denunciar os disparates fonéticos daqueles que debían ser os que pola súa profesión tivesen un coidado especial coa mesma. E cometen o disparate sen complecso, perdón, sen complexo ningún.



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

xoves, 15 de abril de 2010

Redúcese o número de galegofalantes

Na Nosa Terra fan unha valoración dos datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística no día de hoxe a respecto do uso do galego.
O número de falantes habituais de galego baixou 13 puntos en 5 anos. Así se desprende da Enquisa de Condicións de Vida das Familias, publicada polo IGE esta mañá. Os datos, correspondentes ao 2008, non son nada alentadores para o futuro da nosa lingua. Segundo estas cifras, só un 30 por cento da sociedade se expresa sempre en galego, o que supón unha diminución de 13 puntos respecto ao 2003.
E isto a pesar de incrementarse neste período o uso do galego na escola:
Os malos datos xerais para a lingua contrastan con grande incremento da presenza do galego nas aulas. No 2008 un 71,9 por cento dos menores de 16 anos recibían a maior parte das súas aulas en galego, mentres en 2003 só o facía un 48,92 por cento. Cómpre lembrar que no 2007, o Parlamento aprobou por unanimidade o decreto 124/2007 que instaba a impartir como mínimo o 50 por cento das aulas en galego.

Vieiros tamén bota contas: A porcentaxe de nenos castelánfalentes case duplica aos de galego.

Se xa é preocupante a caída de uso do galego en termos xerais, particularmente dramático é o emprego da lingua entre a xente máis nova. O 29,6% dos rapaces entre 5 e 14 anos empregan só o castelán, fronte a pouco máis dun 15% que o fan en galego. Tan só entre os maiores de 50 anos hai máis galegofalantes habituais que castelánfalantes.

Outro dato que revela a escasa normalización da nosa lingua é que só o 15% dos cidadáns escriben habitualmente en galego, fronte a case un 83% que o fai case sempre en castelán.

As familias galegofalantes case marxinais nas áreas urbanas

Nas grandes cidades a porcentaxe de galegofalantes habituais é moi minoritaria. Así en Ferrol só o 3,93% dos fogares ten como lingua habitual de todos os seus membros o galego; en Vigo, o 3,96%; na Coruña, o 5,34%; en Pontevedra, un 6,74%; en Lugo, un 10,45%; en Compostela, un 10,62%; e en Ourense un 13,59%.

As comarcas onde o galego é lingua habitual hexemónica son Costa da Morte, Bergantiños, Ordes, Arzúa, Melide, O Carballiño, O Ribeiro, Terra de Celanova, Baixa Limia, A Limia, Verín e Viana.

Para consultarmos os datos do IGE, preme aquí

Denuncia internacional


A plataforma Queremos Galego denunciou onte ante as institucións europeas a "cruzada" contra a lingua galega que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo está a facer e avanzou que levará o caso a outras instancias internacionais como o Consello de Europa e a Unesco.

Entre os membros da comisión que foi a Bruxelas estaba Bieito Lobeira, quen a respecto desta cuestión escribe o seguinte artigo na Nosa Terra

Hai 56 anos, en pleno franquismo, a VIII Conferencia Internacional da UNESCO recibía un informe-denuncia sobre a persecución da lingua galega no seu propio país. O documento era asinado por sete entidades galegas no exilio/emigración, e relataba a situación de exclusión que o noso idioma padecía en numerosos ámbitos da sociedade, así como a represión dos seus defensores.

56 anos despois, nunha conxuntura xurídico-política diferente, e mesmo cun marco legal mínimo, que cando menos recoñece o carácter oficial do galego, a Plataforma Queremos Galego viuse obrigada a trasladar a diversas instancias internacionais, novamente, que aquí, na Galiza, hai un Goberno do Partido Popular que conculca os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos humanos, e que anula os dereitos democráticos (lingüísticos) do pobo galego. Máis aínda, alertando da posibilidade de represión os docentes que ousen impartir determinadas materias en galego.

Tiven a honra de participar na delegación que a Plataforma Queremos Galego desprazou a Bruxelas, a fin de formalizar diversas denuncias en institucións diferentes en relación coa situación da lingua galega. Á marxe do recoñecemento obtido en termos de visualización internacional da Galiza, da súa lingua e cultura propias, así como dos seus dereitos políticos, sempre desde unha perspectiva non alienada, folcklorizante ou submetida a España, foi posíbel comprobar como xoga, tamén nesa esfera, o Partido Popular.

Presións realizadas polo PP-español no Parlamento Europeo aos seus colegas do PP-europeo para non participaren en ningún contacto coa delegación galega non só non deron os seus froitos, senón que mesmo nos foron trasladadas, para o noso coñecemento, por parte de varios deputados desa formación política. Para todos eles é evidente, e eu tamén o creo, que o PP-español é o que mantén as maiores doses de intolerancia e combate á diversidade nacional e lingüística nesa institución comunitaria. Son os peores.

Así foi. Fóra do resultado concreto das reunións mantidas con membros da Comisión Europea, foi curioso comprobar como membros do PP-europeo, ou do Grupo Liberal, que manteñen teses similares (que eu desde logo non compartillo) no tocante ao modelo social e económico comunitario, si foron quen de nos mostrar a súa solidariedade e apoio á situación que estamos a padecer na Galiza do punto de vista lingüístico. Deputados desa adscrición ideolóxica pertencentes a diversas “minorías nacionais” con lingua propia diferente da oficial do Estado (en Lituania, Suecia ou Eslovaquia), non tiveron problemas en se desmarcaren dos seus colegas españois, e en coherencia coa súa procedencia, manifestarnos a súa fraternal adhesión. Mágoa que outros, algúns nados na Galiza, no actúen do mesmo xeito cando chegan a postos de responsabilidade institucional que lles permitiría defender a súa lingua. Como fan outros.

Conclusión práctica: É esta unha liña –a da denuncia internacional– que cumpre explorar en maior medida. O PP na Galiza está só na imposición da súa política lingüística (ou case só: UPyD, Galicia Bilingüe e similares), e é preciso que tamén fique só na esfera internacional. Evidentemente a batalla líbrase na Galiza e temos que gañala aquí, mais non é indiferente o apoio e a solidariedade que recibamos doutros países e institucións. Aínda que só sexa para que saiban na Europa e no mundo que o pobo galego existe por si mesmo e sabe loitar pola súa dignidade e liberdade, moi lonxe dese disfrace de pobo dócil, submiso, dependente e españolizante que nos queren impor.

Feijóo responde... en castelán.

Sacamos do Xornal de Galicia:Na xornada de onte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo participou nun programa de Correo TV chamado Feijóo responde no que unha serie de persoas preguntaron ao dirixente galego sobre asuntos de actualidade. Por suposto, entre as demandas que se lle fixeron ao popular estaba o tema da lingua.
Feijóo dixo que a discusión sobre o tema lingüístico estaba en se sabemos inglés, e que nese sentido non se priorizará saber galego nas oposicións ao ensino, o importante será saber inglés. Este goberno, nas oposicións á administración retirou as probas de coñecemento de galego. Agora imporán o inglés, o galego non lles importa.
Feijóo meteu bastante a pata ao responder a unha das preguntas pois dixo que se procuraría o ensino bilingüe en referencia á aprendizaxe do inglés. Se é bilingüe, e unha lingua é o inglés, en que outra lingua estaba pensando?
Deixamos aquí o vídeo da primeira parte do programa. Podedes comprobar, que sendo Feijóo o protagonista do programa, non usa esta situación de poder para facer visible o galego, pois tan pronto como alguén lle fai unha pregunta en castelán, el non dubida en facelo tamén nesa lingua. Moito non contribúe con este tipo de actitudes á normalización do galego, que, lembremos é a lingua desprotexida e desfavorecida na nosa sociedade. Se en conta ademais que Correo TV é unha televisión de ámbito local, destápase claramente o desprezo pola nosa lingua que profesa Feijóo.
Parabéns a Correo TV porque fixeron un programa dinámico, non o tostón de entrevista que nos deixaron os da TVG hai uns días.
As preguntas sobre o decreto e o ensino están a partir do minuto 49 de programa.

Por que non en galego?


Vídeo realizado polo CPI Cernadas de Castro de Lousame, gañador do II concurso de vídeos da Mesa pola Normalización de Lugo.

mércores, 14 de abril de 2010

A estupidez do cientifismo.







Hai unha páxina en español que aporta moitos recursos de matemáticas, matematicalia, e pode ser moi útil para o profesorado de matemáticas pois nela abundan novas, referencias , publicacións, divulgación de actos e cursos, artigos de divulgación...
Pero non é infrecuente que algún ignorante que por saber catro cousiñas de matemáticas xa pensa que é algo así como un premio Nobel, comence a disparatar... e de que maneira! Estamos a falar dun artigo de Eduardo Costas titulado "La extinción de algunas lenguas". Comenzamos a comentar.

Aunque no hay registros fósiles, sí existen las numerosas evidencias que muestran a antropólogos, arqueólogos o paleontólogos que la mayoría de las lenguas que en algún momento han servido como vehículo de comunicación en la Tierra se han extinguido.
Carafio! Os arqueólogos e os paleontólogos andan buscando entre os ósos milenarios as linguas das primeiras civilizacións e quizais a dos trilobites. Mal empezamos.
Al igual que ocurre con las especies biológicas, la primera causa resulta de Perogrullo: un idioma -o una especie biológica- se extingue cuando todos los individuos que lo hablan -o todos los que pertenecen a la especie- se acaban. Así, cuántas más personas lo hablen, menor será su posibilidad de extinción. Esta es, de hecho, la argamasa que une la mayoría de las políticas lingüísticas de nuestro país.
A estensión dunha lingua non depende únicamente do número de falantes, hai moito que pescudar nos usos, nas funcións, na visibilidade que se lle atribúe a cada lingua no caso de que, como o galego, haxa varias en contacto. E éste é o caso máis habitual, o de termos presenza de varias linguas. O excepcional é o monolingüismo.
Pero el número no es la única variable que opera ante un problema de extinción, también influye el modo en qué se distribuyen estos hablantes. No es lo mismo que se concentren en torno a un solo territorio o que estén desperdigados por varios ámbitos geográficos interrelacionados. Así, ante una hipotética desgracia nuclear que hiciera desaparecer Galicia, como existen numerosas colonias de gallegos repartidas por todo el mundo que siguen falando galego, el idioma no desaparecería. Pero, además, estas colonias serían inmunes ante una política agresiva de los castellano-hablantes en territorio gallego.
O argumento parece o dun retrasado. Claro, como os galegos tiveron a sorte de emigraren a eito, hai galegos por todo o mundo, o cal non só debe ser unha sorte para os galegos senón que tamén o é para o galego. Debe ser por esta razón que cando Celso Emilio Ferreiro volve de América escribe "Viaxe ao país dos ananos", dando conta do desleixo dos emigrantes para con Galicia e o seu idioma.
Cando un marcha a traballar ao estranxeiro non lle queda outra que adaptarse, e se a estancia é prolongada, ou como parece pretender Eduardo Costas como rasgo moi positivo para a pervivencia dunha lingua , por toda a vida, daráse con moita frecuencia a perda da lingua orixinal en beneficio da que haxa na terra de acollida. No límite do delirio este tal Costas parece indicar que a mellor solución para a saúde do galego sería que todos emigráramos, así a mellor política lingüística sería a emigración. O que a min non me cadra é que despois de someter a Galicia á sangría emigratoria durante máis dun século, e despois de perder nela máis da metade da súa poboación, aínda haxa problemas coa lingua galega.
Por lo tanto, en una primera aproximación matemática -primer aviso a los políticos nacionalistas-, resulta más eficaz la dispersión que la concentración -o la combinación de ambas-. En lugar de aplicar un modelo gaussiano (por la ecuación de Gauss), cuyos resultados encaminarían la solución del problema hacia la media, es decir políticas destinadas a la concentración, para evitar la desaparición de un idioma sería más conveniente aplicar la distribución de Poisson.
Matemática política. Pasamos do disparate sociolóxico ao disparate matemático. Todo o mundo sabe que un dos fundamentos básicos das matemáticas é a precisión e a eliminación da ambigüidade. Consultamos moitos libros de matemáticas e non nos apareceu por parte ningunha a expresión ecuación de Gauss. Sí que hai método de Gauss, distribución de probabilidade gaussiana,... pero ecuación de Gauss non hai dentro da terminoloxía científica. Supoñemos que está a falar da distribución normal.
Para aclarar un pouco o que está dicindo o zunante baixo aspecto científico, terminoloxía barata, é que a mellor forma de levar a cabo unha política normalizadora dunha lingua é mediante emigracións masivas. Supoño que non tardaremos en ver un artigo do mesmo autor no que mediante o xenocidio elimine a SIDA en África.
El físico y matemático francés Siméon Denis Poisson se dedicó a estudiar los sucesos raros, dilucidando las leyes matemáticas que los caracterizan. Su aproximación matemática ofrece la estrategia más eficaz en cuanto a número y tamaño de las poblaciones en que deberían repartirse los hablantes de un idioma para minimizar la probabilidad de su extinción. Y sin hacer los cálculos, sin duda la mejor estrategia no es concentrar a todos los hablantes en una sola población. Es mucho mejor disponer de varios ámbitos más pequeños, con cierto grado de aislamiento y, a la vez, cierto grado de interconexión. Cuando un idioma se hace raro -tiene pocos hablantes- se encuentra mucho más seguro con una estructura de metapoblación que con una de población única.
Se fose certo que Poisson se adicaba a estudar os sucesos raros, tería o campo aberto entre os cienticifistas como o autor que estamos comentando. A distribución de probabilidade de Poisson é un tipo de probabilidade discreta, isto é que se aplica a un número k de sucesos onde k pode tomar os valores 1, 2, 3,.... Non alcanzamos a enender como se pode aplicar unha distribución destas características ao estudo directo da permanencia dunha lingua. Teñamos en conta que os exemplos clásicos de aplicación dunha distribución de Poisson son o número de chamadas recibidas nunha central telefónica nun determinado intervalo de tempo, ou o número de coches que pasan por un determinado punto dunha autovía. Estamos comenzando a sospeitar que o tal Costas debeu ver un debuxo na wikipedia e pensou que xa sabía de distribucións de probabilidade máis que o propio Fisher.
La segunda causa de extinción de un idioma es consecuencia de su propia evolución -extinción filética-. Del mismo modo que las especies evolucionan en su devenir para adaptarse al entorno, hasta el punto de desaparecer para dar lugar a una nueva especie, con los idiomas ocurre algo parecido. Algunas palabras y expresiones van cayendo en desuso y van siendo sustituidas por otras. Este cambio en los idiomas es muy rápido. Incluso puede percibirse en el transcurso de la vida de una persona o entre dos ediciones sucesivas del diccionario de la Real Academia de la Lengua.
En nada se parece el castellano que se hablaba cuando se escribió el Cantar de Mío Cid o las Cantigas de Nuestra Señora de Gonzalo de Berceo, al que se habla hoy. De hecho, si una máquina del tiempo trajese hasta el presente a los contemporáneos del Cid y habitasen una región concreta, seguramente reivindicarían su idioma como una lengua propia.
En efecto, o cambio nos idiomas é tan rápido que se un vai de vacacións en Semana Santa ao extranxeiro, corre o perigo de non entender á veciñanza cando volve á casa. O que si é ben certo que se o Cid regresara da súa tumba, tería que valerse de toda a súa forza loitadora para que non o trataran como a un apestado por razón de lingua. A isto chámaselle normalmente racismo.

BARRERAS FÍSICAS... Y MENTALES
Si seguimos el patrón del modo en que se han originado las especies, se deduce que el aislamiento desempeña un papel fundamental. Así, cuando algún tipo de barrera, por ejemplo un accidente geográfico, deja aislados de manera significativa y continuada en el tiempo a un grupo de individuos, lo que queda de la población original y la población aislada emprenderán caminos evolutivos diferentes, llegando al final a ser dos especies distintas.
Con los idiomas ocurre igual. Una barrera que aísle a un grupo de hablantes de los de la población del idioma original, si se mantiene el tiempo suficiente, dará como resultado dos lenguas diferentes. Las fronteras entre las naciones son eficaces sistemas de aislamiento que conducen a la aparición de nuevos idiomas –por ejemplo las lenguas romances surgidas a partir del latín-.
Nisto concordamos plenamente. As fronteiras nacionais son ata tal punto sistemas de aillamento que a mesma lingua falada a lados distintos dunha fronteira considérase polos respectivos estados como se fosen dúas distintas. Incluso sucede que as fronteiras aíllan tanto do exterior que dúas linguas dentro dunha mesma fronteira nacional acaban véndose reducida a só unha, a oficial do estado. E ata sucede que unha lingua B dentro dunha mesma fronteira, basta con que sexa distinta da lingua da lingua A, a verdadeiramente oficial do estado, para que sexa considerada distinta en distintos territorios dentro desa mesma fronteira. Suceden cousas moi curiosas cando se fala de fronteiras e de linguas.
Por lo tanto, desde un punto de vista biológico -además de matemático y de evolutivo- la mayor movilidad de los hablantes y la existencia de menos barreras de aislamiento darán a la lengua mejores condiciones para que no desaparezca. Así, cualquier lenguaje que quiera permanecer, debe derribar barreras y asimilar los cambios semánticos derivados del avance de la ciencia y la tecnología (una rápida tasa de cambio es en parte la clave del éxito. Quien evoluciona sobrevive).
Seguindo co símil biolóxico, a existencia de menos barreiras de aillamento dará aos depredadores máis ventaxas. Así que calquera lingua que queira permanecer, debe derribar barreiras e asimilar aos demais. Chámanos a atención iso do punto de vista matemático (?)
Si no, en el mundo globalizado comenzarán a darse fenómenos de competencia entre idiomas que favorecerán a los grandes (“prefiero que mis hijos estudien inglés que euskera”) en detrimento de los que se atrincheren en posiciones inmovilistas y geográficas. No se quiere decir con esto que existan idiomas superiores a otros. El inglés tiene una posición preponderante no porque sea intrínsecamente superior a otros idiomas minoritarios sino, por ejemplo, porque se ha impuesto en determinados ámbitos como en el tecnológico o en el científico
Menos mal que o goberno da Xunta non vai ler este artigo, pois se se chega a enterar de que o inglés ten unha posición preponderante porque se impuxo (a teoría da imposición, lembrade) aos outros idiomas, xa estarían agora sacando un decreto para coutalo, reducilo, suprimilo, invisibilizado, demonizalo,...
Según la Biblia, Dios castigó a los hombres con la confusión de las lenguas tras la Torre de Babel. La tecnología, eficaz destructora de barreras, contribuye a lo contrario, empujando hacia el dominio de tan solo unos pocos idiomas mayoritarios. Por todo ello, la labor de los conservacionistas de idiomas es sin duda muy difícil, pues deben luchar en contra de una corriente poderosa, el estilo de vida moderno, que lleva a los idiomas minoritarios hacia su extinción. Esa misma tecnología ha llevado y está llevando a la extinción a mas la mitad de las especies que viven sobre la Tierra.
Gústame a argumentación de Eduardo Costas, é dun paternalismo empalagoso por ser el científico frente aos ignorantes lingüistas, e toma como referencia, científica (!) a Biblia.
A tecnoloxía, eficaz destrutora de barreiras contribúa ao dominio de só uns poucos idiomas maioritarios e leva á extinción aos minoritarios da mesma forma que esa mesma tecnoloxía está levando á extinción á gran maioría das especies que viven sobre a Terra. E Eduardo Costas, o ecoloxista, tan contento. Claro, como el non é unha balea nin tampouco galego, que máis lle dará!
Desde ese punto de vista, si comparamos la evolución de los idiomas con la propia evolución de las especies –es decir, ajenos a cualquier contaminación ideológica al uso-, y dando por sentado que la tendencia natural de cualquier lengua es su extinción -y no hay que rasgarse ninguna vestidura por ello, que lo importante es haber elaborado un legado para el futuro, como hicieron los griegos clásicos-, cabe cuestionarse lo acertado de las políticas de normalización que se están aplicando
Alleos a calquera contaminación ideolóxica, e tendo en conta que a tendencia natural de calquera persoa é a súa morte, non hai que botar as mans á cabeza por iso, cabe cuestionarse o acertado do desenvolvemento da medicina e a súa aplicación á poboación en xeral, e por poñer un exemplo, a Eduardo Costas, en particular.
Sobre la puerta del icono más relevante de la cultura clásica, la Academia Ateniense, donde se enseñaba filosofía, retórica, estética…, figuraban las concluyentes palabras Oudeis ageometretos eiseto -queda prohibida la entrada a los ignorantes en Geometría-. Traducido a nuestra comprensión, y dada la concepción de la geometría en la Grecia Clásica, equivaldría a prohibir la entrada a los ignorantes en matemáticas. O, siguiendo la doctrina de Stephen Jay Gould, uno de los retos del siglo XXI es lograr la interacción entre Ciencias y Humanidades -léase también política- intentando aportar nuevos enfoques conceptuales al conocimiento de fenómenos complejosAlgúns, pensando que por saber catro cousas de bioloxía ou matemáticas pensan que poden pontificar sobre o que lles pete. Non hai atrevemento máis grande que o de aquel que é ignorante. Pois se non se lle permite a entrada aos ignorantes en matemáticas, non sei que fas ti agardando á porta. Pois iso.
Queda prohibida a entrada aos ignorantes en sociolingüística.

Sobre a desaparición do Reino de Galiza na Historia española.

Unha forma de aproximármonos á historia da lingua é coñecendo antes a historia de Galicia. Recuperamos neste post un acto organizado pola Agrupación Cultural O Facho, no ciclo "Economia e História da Galiza"e celebrado na Fundación Caixa Galicia da Coruña, o 10 de novembro do 2009

Sobre a desaparición do Reino de Galiza na Historia española. Parte I.


Sobre a desaparición do Reino de Galiza na Historia española. Parte II

Zunante zamorano


Aparece a nova en Vieiros.

Un concelleiro do PSOE no municipio zamorano de Muelas del Pan propuxo que se lles retirasen as axudas locais ás familias que lles puxesen aos seus fillos e fillas "nomes vascos, cataláns, galegos, anglosaxóns ou calquera outro" e que esas subvencións se vinculasen ao "fomento do castelanismo". Porén, a proposta de Fermín Faúndez Bollo colidiu co voto en contra do PP e dun dos seus compañeiros de partido, mentres que o outro socialista, membro da executiva provincial, optou pola abstención.
Por que nos teñen tanto odio? Quen o fomenta?

Nin incovenientes nin vantaxes.

A Nosa Terra entrevista a Amaro García, un dos socios de Repara Lar, unha empresa de reparacións de Vigo. Nela recoñece que apostar polo galego non tivo para eles nin vantaxes nin inconvenientes. E así contestan todos os empresarios a esta pregunta. Se non ten inconvenientes, por que hai tan poucos que o usen?. Se non ten vantaxes, que clase de política lingüística está aplicar a Xunta?

A súa é unha empresa de recente creación. Por que apostou polo galego?
O galego está en desuso e o Goberno non aposta polo seu fomento non ámbito cotián e no funcionamento interno das empresas. Cando os meus dous socios máis eu creamos esta empresa pensamos en poñerlle o nome e facer toda a súa publicidade, rotulación, facturas e tarxetas de visita na nosa lingua para diferenciarnos. Non había ningunha empresa da competencia que se presentase ao público en galego e nós optamos por facelo para que a xente nos recoñecese mellor.
Acolléronse a algún tipo de axuda ou subvención para galeguizar Repara Lar?
Nun principio pensamos en acollernos a unha liña de axudas pero ao final optamos por non pedilas e continuar igualmente coa opción de ofrecer todos os nosos servizos, documentación e facturas en galego.
Animaría a outros emprendedores a ofertarse en galego?
Si. Debería haber máis empresas falando en galego. En Catalunya, por exemplo, o uso do catalán no comercio e na empresa ten outro peso loxístico que nós non temos en Galiza. Faría falta un pouco máis de esforzo e incentivos por parte da Administración para que o galego se normalice nestes eidos, para que polo menos se dea o bilingüismo entre o galego e castelán.
Como foi a acollida?
Pensabamos ter máis traballo polo galego, pero o certo é que só un par de clientes recoñeceron que nos chamaron por falar en galego. O que nos deus bos resultados á hora de captar clientes foi unha campaña que fixemos nas Páxinas Locais cunha boa oferta de prezos.
Traballar en galego ten inconvenientes?
Nin inconvenientes nin vantaxes. O que está claro é que as empresas cun servizo de atención ao público teñen que poñer persoal que fale en galego para atender as chamadas de Galiza igual que fixeron cos clientes de Cataluña e o País Vasco.

Os métodos da SXPL


Hai un par de días colocábamos nesta mesma bitácora un artigo de Iván Méndez López, no que denunciaba que o secretario xeral de política lingüística xa se reuira dúas veces co presidente da Deputación de Pontevedra, no entanto n0n o fixera nin a primeira vez co da Deputación da Coruña cando este organismo estableceu un orzamento para a normalización lingüística nos concellos que supera o destinado ao mesmo ámbito da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Sabemos ademais que o señor Louzán non se caracterizou por promover a normalización da nosa lingua, senon mais ben por todo o contrario, subvencionando cursos dos negacionistas, e negándolle axudas ao IGEA, no congreso de ECOLINGUA a finais do ano pasado.
Agora vemos que a SXPL segue coa mesma política sectaria, non establece lazos coa Deputación coruñesa pero si que o fai coa de ourense. Cal é o criterio que segue na política lingüística este secretario xeral?
Deberíamolo chamar sectario xeral? Trátase de facer política lingüística ou clientelismo propagandístico? Trátase de estender os usos e a funcións do galego ou de coutalo, reducilo e impedirlle o crecemento?
Galicia Hoxe lémbranos que o funesto decreto chamado de plurilingüismo segue o seu camiño, en contra de todos os sectores sociais (excepto os negacionistas, claro) e xa foi presentado ao Consello Consultivo.
Lembra o mesmo medio que o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou durante as últimas semanas que a nova norma, que substituirá ó decreto 124/2007 do bipartito, é "absolutamente legal" e instou os sectores críticos a esperar á opinión, non vinculante, do Consello Consultivo ou, "se chega, tamén ós tribunais". "Creo que as dúbidas deberían resolvelas o organismo ou organismos correspondentes", matizou Lorenzo, tras asegurar que o novo decreto se enmarca no marco normativo" galego, estatal e "desenvolve a Lei de Normalización".
Esta apreciación non coincide, porén, coa achegada recentemente polo xuíz Luis Villares nun seminario do Consello da Cultura Galega, no que afirmou que hai bases para que os tribunais declaren ilegal o decreto, xa que "quebranta" o principio de progresividade que establece a Lei de normalización lingüística de Galicia no seu artigo 13 e "confunde a igualdade como medio e como fin, e a liberdade como medio e como fin", pois para acadar a "igualdade como fin" -a LNL no seu artigo 14 recolle que as autoridades educativas "garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán", é necesario non só que os estudantes acaden competencias nas dúas linguas, -non hai liberdade de elección se unha das dúas non se coñece-, senón que non teñan prexuízos que condicionen a súa vontade.
Pois nesas andamos.

O saudábel vicio de falar en galego

por Manuela Rodríguez Pumar, en Terra e Tempo


Fun galego-falante pasiva vinte anos da miña vida. En realidade eu pensaba que era español-falante, pero non. Logo convertinme en galego-falante activa. E durante un tempo estiven convencida de que o meu cambio de rexistro fora debido ao contacto coas clases de lingua e literatura galegas no bacharelato e con docentes e compañeiros/as que xa o fixeran (as malas influencias, xa se sabe), pero tampouco.
Realmente eu sempre fun galego-falante, tamén nos anos da infancia. Porque o galego flotaba no ambiente da miña parroquia, respirábase como o fume de tabaco. Exhalábano os meus pais, a pesar de sentírense na obriga, tantos anos imposta, de “falarme ben” con palabras alleas, exhalábano os meus irmáns, os meus veciños, as miñas amigas.
A partir de aí, confésoo, collín o vicio de falar galego. E fágoo sempre e a todas horas, mesmo en espazos que non sempre están habilitados para iso aínda que non haxa carteis que o prohiban: no centro de saúde, nas oficinas bancarias, nas administracións públicas.
Fáloo desde logo na casa, e aos meus fillos xa lles metín tamén o vicio no corpo. E non sen dificultades porque, ademais de que tamén a min me dixeron aquilo de “fálalle ben á nena!”, teño agora o engadido de vivir nun ambiente cada vez menos “contaminado” da nosa lingua. E non é doado ter que loitar ademais contra a influencia dunha televisión con escasa oferta en galego, coa práctica inexistencia de cine, videoxogos e maquiniñas no noso idioma...
E se xa antes nos era difícil aos vicios@s desta lingua poder desenvolver a nosa vida practicándoa, desde hai un ano para aquí os gobernantes da nosa terra, pertencentes á liga anti-galego e para os que falar galego é un vicio socialmente mal visto, erixíndose en protectores dunha falsa saúde lingüística e a pesar dos informes das máis prestixiosas entidades e dos numerosos estudos de persoas expertas na materia, tanto do noso país como estranxeiras, que avalan os beneficios que ten, están empeñados en reducir aínda máis os espazos en que se pode falar galego.
Por iso eu, ademais de ser galego-falante activa, son activista, militante da lingua. Porque, cousa do vicio, quero cada vez máis galego. E quero que, coma min, cada vez máis xente se enganche, teña “mono” da miña lingua, que cada vez máis xente non poida vivir sen ela, e que o aire volva ser un día unha nube mesta de palabras nosas.
E como xa se sabe que os vicios non se impoñen, senón que é cuestión de ir probando, pouco a pouco, até que xa non podes prescindir da túa dose diaria, eu dedícome a convidar @s que aínda non o fixeron a que proben, garantíndolles que, malia o que aseguren as falsas autoridades, falar galego non mata, ben ao contrario, alonga e prolonga a vida, a nosa propia e a do noso pobo.

En castellano no hai problema

por Carlos Callón, presidente da Mesa, en Galicia Hoxe

Desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feijóo co seu proxecto de desmantelar a oficialidade real da lingua galega, saíron varios libros ao mercado para reflexionar sobre a situación do idioma do país e ofrecer munición para a súa defensa. Penso que o primeiro en presentarse foi De fala a lingua: un proceso inacabado, que recolle traballos imprescindíbeis dos últimos anos da sociolingüista Pilar García Negro (e digo sociolingüista no sentido máis profundo do termo: investigadora, analista e activista). Despois deste, chegaron varios traballos, tanto colectivos como individuais, que dan pé para a reflexión e para engraxarmos a maquinaria reivindicativa, con certeza máis necesaria que nunca.
Como é sabido, o volume que está a conseguir unha maior difusión está a ser o caderno promovido por Prolingua e coordinado polo incansábel Xosé Henrique Costas. Fronte a tanto ataque, caricaturización e terxiversación contra o lexítimo obxectivo de recuperarmos e estendermos socialmente o idioma de Galiza, respondeuse publicando as 55 mentiras sobre a lingua galega. Cónstame que en próximas datas sairán tamén novos traballos con afán divulgativo, como o coordinado por Xosé María Álvarez Cáccamo.
Dentro desta liña de análise, reflexión e combate cívico, en dez días agardo que poida estar xa nas librarías un meu libro que, desde o mesmo título, ten intención de provocar; de provocar reflexións. En castellano no hay problema foi o nome escollido para este volume grazas a unha votación que fixen no meu blog persoal. Debo agradecerllo á xente que participou na elección, así como a Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, que foron entusiastas da escolla desde o primeiro momento.
Neste libro recóllense diferentes textos sobre a situación lingüística de Galiza, nos cales se sinalan os problemas máis importantes para a recuperación e extensión social do idioma galego en diferentes ámbitos, mais tamén se propoñen alternativas, tanto a nivel institucional como individual.
Sublíñase, así, a importancia de que cada falante se active e solicite, de forma constante, intelixente e procurando empatías, o dereito básico a poder vivir en galego nos diferentes ámbitos. Porque, como di o acertado lema, sen reivindicacións non hai conquistas.
Por outra banda, nos traballos que compoñen esta obra fixen un esforzo por transmitir unha análise da situación lingüística do noso país lonxe dos narcóticos e prexuízos máis habituais. É unha radiografía descarnada, mais non catastrofista, xa que parte da convicción de que hai que coñecer a realidade para transformala.
En fin, que, por moito que algúns queiran vendernos o mundo ao revés, hoxe en Galiza non hai problema para poder vivir en castelán, na lingua oficial do Estado, mais o idioma propio e natural da nación galega continúa erradicado ou minorizado nos ámbitos de poder e prestixio, sen que haxa motivos racionais que sustenten a pervivencia desta inxusta discriminación.
Máis munición
No traballo En castellano no hay problema compilo algúns dos artigos que publiquei na defensa da nosa lingua desde 1997 até hoxe. Van desde algunhas reflexións dese mozote que era eu nas dúas últimas lexislaturas de Manuel Fraga Iribarne até unhas achegas con máis vagar á que foi a política lingüística do bipartito e, moi especialmente, á que está a producirse no comezo do mandato de Alberto Núñez Feijóo. Pódese, así, facer un itinerario desde a reivindicación e conquista dun plan de normalización, ás dificultades da súa execución e a súa subordinación polo actual Goberno galego como un mero "remuíño de ideas", que na práctica substitúen por un plan de extinción que aplican sen titubear.
Aínda sendo unha selección, fun máis xeneroso á hora de deixar pasar para este libro os textos máis recentes, pois tamén son os máis operativos para reflexionar e ofrecer munición argumentativa para o combate cívico en que nos achamos nestes momentos.
Penso que os máis afastados no tempo son, no entanto, tamén útiles, pois deixan constancia, máis unha vez, de que a aspiración a poder desenvolverse en galego con normalidade en todas e cada unha das esferas da vida social é unha loita de anos. Non é por falta de demanda, de organización e de presentación de propostas que non houbo os reivindicados adiantos para a nosa lingua, para os cales seguimos e seguiremos pondo, colectivamente, o noso empeño.
Importante, por certo, falar do colectivo, porque estes textos, aínda sendo de sinatura individual, enmárcanse nun traballo en equipo, en diferentes graos, e no esforzo en actuar socialmente. Vese iso tamén nos continuos convites a actos e mobilizacións inseridos dentro dos artigos, incitando sempre a moverse e a fuxir do testemuñalismo, tan cómodo como letal. Ademais, debo deixar constancia expresa de que hai escritos que son froito de debates ou contraste de pareceres con máis xente, entre os cales debo salientar a Francisco Rodríguez, Pilar García Negro, Concha Costas, Xosé Manuel Sarille, Iria Taibo, Fran Rei, Rubén Cela e Paulo Filgueiras Fachal.
Agardo que sexa unha obra útil e operativa e, sobre todo, que axude para realizarmos accións de incidencia (perdoade a redundancia, mais é premeditada) social.
Soamente falta dicirllo cantando
Non podo falar esta semana da situación da lingua sen me referir á histórica votación do Consello Escolar de Galiza, onde prosperou cunha ampla maioría -a pesar dos varios representantes da Administración- unha emenda á totalidade do decretazo. O secretario de Política Lingüística, o ex sociolingüista e hoxe fanático do PP máis rancio, Anxo Lorenzo, xa indicou na propia sede do Consello Escolar que o goberno de Núñez Feijóo ía seguir adiante con independencia da opinión do organismo máis representativo da comunidade educativa galega. Toda unha mostra de talante de diálogo e negociación, verdade?
Este decretazo suma rexeitamento tras rexeitamento. As asociacións de nais e pais, os sindicatos, as organizacións estudantís, os movementos de renovación pedagóxica, as principais institucións culturais do país e, agora, tamén do Consello Escolar de Galiza. Parece que só falta dicirllo cantando, polo cal desde a plataforma Queremos Galego se organiza para o vindeiro sábado 17 de abril un "concertazo contra o decretazo".
O cartel de participantes no festival é, en verdade, histórico: Berrogüetto, Ruxe-Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os Tres Trebóns, A Quenlla, Fía na Roca, García MC, Galegoz, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido, Uxía e a Asociación de Gaiteiros Galegos. Unha boa mostra de que a cultura galega non está nin acomplexada nin ensimesmada, a pesar do que diga o nefasto e incompetente conselleiro de Cultura de Núñez Feijóo.
O prezo da entrada anticipada é de 10 euros e, na billeteira o mesmo día, 12 euros. Tes máis información no web da plataforma: queremosgalego.org. Participa nesta mani-festa!

Sen portugués nas seccións bilingües

Inmersión, sí pero só en inglés e en francés.
O portugués é discriminado pola Consellería de Educación nas actividades formativas dirixidas ao profesorado non universitario, segundo denuncia a asociación de Docentes de Portugués na Galiza (DPG) acusa a consellaría de Educación de ‘discriminar’ a súa lingua nas actividades formativas dirixidas aos mestres ‘non universitarios’
O colectivo docente asegura nun comunicado que o 24 de marzo do 2010 se publicou no DOG a Orde de 15 de marzo pola que se regulan as actividades formativas en lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa para docentes de niveis non universitarios.
A convocatoria inclúe, entre outras, informacións concernentes aos requirimentos de inscrición, criterios selectivos e axudas atribuíbeis aos mestres que participaren nestes cursos. No formulario anexo ao documento consta a relación completa de accións formativas propostas. No epígrafe d) do artigo nº 7 da convocatoria pode lerse: “O profesorado participante nas actividades de inglés e francés presentará o anexo IV, comprometéndose a promover seccións bilingües nos seus respectivos centros”.

martes, 13 de abril de 2010

Queremos Galego en Bruxelas

A plataforma Queremos Galego presentou as actividades a realizar por unha súa delegación composta por Carlos Callón (Presidente da Mesa), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG-Ensino), Bieito Lobeira (Deputado do BNG no Parlamento de Galiza) e mais a actriz Isabel Risco, en representación do ámbito da cultura.
Comenzaron ás 17.30 cunha entrevista con Jonathan Hill, responsábel do Gabinete da Comisaria de Educación, Cultura e Multilingüismo da UE Androulla Vassilliou.
Xa o mércores 14, a delegación da plataforma cidadá presentará diante da sede da UNESCO en Bruxelas un demorado relatorio sobre o ataque sistemático aos dereitos lingüísticos da comunidade galega e o severo retroceso que en Galiza se está a vivir canto á aplicación de políticas activas dirixidas a favorecer a plena normalización da súa lingua propia. Neste sentido, Bieito Lobeira subliñou a enorme importancia do punto de vista simbólico así como o tristemente actual paralelismo coa delegación galega que, desde o exilio, tamén se vira forzada a denunciar perante a UNESCO hai medio século a situación a que o idioma e a cultura galegas eran sometidos no período franquista.
A programación de actos e xestións inclúe tamén a celebración dunha conferencia de imprensa en sede parlamentaria e un encontro aberto coa comunidade galega residente en Bruxelas, entrevistas con deputadas e deputados de diferentes grupos políticos e nacións con situacións de linguas non normalizadas para reforzar a información e solidariedade recíproca entre as distintas realidades e unha reunión especial do Intergrupo do Parlamento europeo para as Minorías, Comunidades Nacionais e Linguas sobre a situación do galego, con participación da delegación da plataforma. Esta sesión será presentada polo Copresidente do Intergrupo, o eurodeputado do Grupo Liberal e Demócrata Carl Hanglund.

A oposición critica que se eo valedor se esquecese dos galegofalantes

Despois da polémica comisión na que interiviñera Benigno López, o valedor do pobo, a oposición critica ao valedor que se esquece dos galegofalantes.
As mencións veladas á reprimenda comisión do 22 foron diversas e, na súa maioría, viñeron da man de Suárez Canal, quen proclamou: "Defender o que somos e loitar pola maior presenza do galego, pensamos que é a mellor loita pola liberdade que se pode dar neste país". Con iso, o parlamentario nacionalista referiuse á "liberdade lingüística" pola que avogou López na anterior intervención. Previamente, Suárez Canal xa lle recalcara que apostar por incrementar a presenza do idioma propio "non é levantar a bandeira de ningún partido", algo que o valedor rexeitou facer naquela ocasión cunha advertencia os deputados da oposición. "Non vou tomar a pancarta de ningún partido político para defender os seus intereses", asegurara, entón. Sen facer mención explícita a esas palabras, o parlamentario do Bloque subliñou que impulsar os dereitos lingüísticos é defender "a legalidade e a loita democrática que se levou a cabo ao longo dos séculos, pese imposicións e agresións". Tamén o parlamentario Francisco Cerviño recordou que xa o ano pasado demandou ao valedor que "vixiase o cumprimento" dos dereitos estatutarios. Non obstante, lamentou, malia que "o Goberno implementar políticas lingüísticas contrarias ao galego, o informe non recolle aquela reclamación dos socialistas, que hoxe volveu poñer enriba da mesa, para que se "preserven os dereitos dos galegofalantes que poidan ver conculcados os seus dereitos".

Queremos Galego denuncia na UE o 'ataque' á lingua

Queremos Galego denuncia na UE o 'ataque' á lingua. Trátase dun "ataque sistemático"
Unha delegación formada por Carlos Callón, presidente da Mesa; Anxo Louzao, secretario Nacional da CIG-Ensino; Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento e a actriz Isabel Risco arrincarán hoxe unha visita de dous días na que se entrevistarán con responsables do Parlamento europeo, o Consello de Europa mais a Unesco.
O portavoz da plataforma Queremos Galego, Fran Rei, contrastou o feito de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "se negue" a recibir os representantes desta plataforma fronte á disposición das distintas instancias europeas a recibilos. "É o mundo ao revés", considerou.

luns, 12 de abril de 2010

Censura

Xa comentamos nalgunha outra ocasión que non se podía establecer un ataque ao galego sen que haxa paralelamente medidas de censura e represión. Hoxe presentamos unha tirada do libro Lingua e Futuro, editado por Laiovento e cuxa coordinación foi encargada a Goretti Sanmartín.
Temos aquí a portada do número 56 da Revista Galega do Ensino. Neste número non aparece o artigo de Sabela Rivas Barrós titulado "Un saber ausente unha voz silenciada: a lingua galega na escola (1900-1936)"
Que é o que contén o artigo para que sexa censurado?. En primeiro lugar fai referencia unha serie de decretos e leis sobre a lingua do ensino no intervalo que vai desde mediados do XIX ata o ano 1936. En segundo lugar, e facendo uso de informantes, analízase o uso da lingua galega no ensino no segundo terzo do século XX. Finalmente preséntase a experiencia do proxecto de galeguización promovido polas Irmandaddes da Fala.
Efectivamente, neste pequeno artigo (ocupa 9 páxinas) infórmase de que o " 8 de xullo de 1923 reúnense na Coruña as Irmandades da Fala para tratar unha proposta feita po un dos seus membros, Anxel Casal. A súa formulación consistía na necesidade de fundar e soster escolar que redimisen o pobo galego da ignorancia en que estaba sumido, e ao tempo que servisen para inculcar a verdadeira conciencia galega nas xeracións futuras."
A modo de conclusión a autora sinala que esta "Escola do Insiño Galego creada na Coruña en abril de 1924, que funcionou ata o ano 1930, foi a única experiencia da que temos noticia que levou á prática as arelas galeguistas no tocante á busca dun ensino galego e para Galicia."
Non pode ser que nos anos 20 do século pasado as arelas de ensino en galego creasen un proxecto normalizador sen apoio insitucional ningún, e que a comenzos do XXI, as institucións do goberno galego estén a promover un proxecto en contra da normalización do galego. A comparación é ofensiva, borremos con que nos comparar. Censuremos.

“Non nos interesa situar o conflito da lingua en termos bipolares”

Entrevista a Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega na USC, en Galicia Hoxe

Dolores Vilavedra (Vigo, 1963) é profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Santiago. Licenciada en Filoloxía Hispánica, ten o Diplome d’études approfondies pola Ecole des Hautes Études en Sciences Sociales do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de París.
Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, entre as súas principais publicacións atópanse A recepción inmanente na obra de Neira Vilas (Sada, O Castro, 1990), Álvaro Cunqueiro, en colaboración con Xosé M. Salgado (Santiago, Xunta de Galicia, 1991), Dicionario da literatura galega. I. Autores, coordinadora e coautora (Vigo, Galaxia, 1995), Dicionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas, coordinadora e coautora, (Vigo, Galaxia, 1997); Dicionario da literatura galega. III. Obras, coordinadora e coautora, (Vigo, Galaxia, 2000); Historia da literatura galega (Vigo, Galaxia, 1999), Sobre narrativa galega contemporánea (Vigo, Galaxia, 2000) e Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia. Vigo, Galaxia, 2002.

Tamén se encargou da edición, notas e estudo introdutorio de Follas novas de Rosalía de Castro, en colaboración con Henrique Monteagudo (Vigo, Galaxia, 1993); da edición, notas e estudo introdutorio de Retrincos de Alfonso R. Castelao, en colaboración con Ernesto González Seoane (Vigo, Galaxia, 1994); da edición e notas de A festa da malla de A. Villar Ponte, en colaboración con Noemí Pazó (Vigo, Xerais, 1997) e é coeditora, coa profesora Rosario Álvarez Blanco de Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, dous vols. (I: 1375 pp. e II: 1649 pp.), Santiago, Servizo de Publicacións da Universidade, 1999.

Realizou, por outra banda, a edición e notas de Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense de Álvaro Cunqueiro a Francisco Fernández del Riego. Vigo, Galaxia, 2003 e a edición e notas do Epistolario de Ricardo Carballo Calero a Fernández del Riego. Vigo, Galaxia, 2006; ademais de publicar numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas e facer traducións literarias do galego ao castelán, fundamentalmente de obras de Manuel Rivas, e é a responsable da versión definitiva das edicións en castelán das novelas de António Lobo Antunes.

É directora adxunta do Anuario de estudos literarios galegos e membro do consello de redacción da revista Grial. Tamén exerce asiduamente a crítica literaria en prensa e en revistas especializadas galegas como Faro de Vigo, El Correo Gallego, Tempos novos, El País, ou Guía dos libros novos, e de ámbito estatal como Lateral. Ata 2006, e durante un período de dez anos, ocupouse dun microespazo semanal dedicado ao comentario crítico de libros no programa Diario cultural da Radio Galega. Entre 1998 e 2001, foi membro da comisión técnica encargada de elaborar informes e de deseñar proxectos para a Ponencia de Artes Escénicas e Musicais do Consello da Cultura Galega. Na actualidade é membro da Comisión Técnica de Xénero e da Sección de Literatura e Industrias da Edición de desta institución, e forma parte do grupo promotor da Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Lola, doutora Vilavedra, a túa dedicación fundamental é a crítica literaria en xeral, a tradución, o cal non impide unha prima reflexión sobre os problemas da nosa lingua, do noso idioma, contra o que eu creo que hai mala intención, autoodio, desestima, desinformación, e falla de agarimo, por non dicir algo máis forte. Ao meu ver a pretensión actual da Xunta que nos goberna é reducilo aos mínimos, con animadversión e perversidade ata facelo desaparecer. Podes facer unha reflexión sobre estas miñas palabras a xeito de pregunta?

Dende logo, eu chego ao estudo da literatura galega como resultado dun compromiso íntimo coa miña lingua e coa miña cultura e, nesa medida, entendo o meu labor profesional como unha achega que poida contribuír ao coñecemento, normalización e expansión diso que xa se coñece como o noso sistema literario. Coido que a actual situación de persecución do idioma pode provocar, en contra do que agarda a dereita, unha nova tensión social a prol da lingua, tanto nos colectivos como nos individuos, que penso debería ir acompañada dunha reformulación e dunha actualización de como se pode vivir o compromiso co noso idioma na sociedade do século XXI. Paréceme que, se conseguimos iso, sobreviviremos.

Aínda hai máis Dolores, a cerna do galego está nos primeiros anos do ensino, se estes se conculcan ou anulan por escuros intereses polícitos egocéntricos do totalitarismo castelán, cal é o povir que lle queda ao noso idioma?

Seguindo na liña do que che contestaba antes, penso que cada quen ten a obriga moral de intervir activamente nos ámbitos nos que se move: na familia, no traballo, na socialización… Son tempos estes que demandan intelixencia e imaxinación, e que esixen que a sociedade civil, ante o descrédito das institucións políticas, tome a iniciativa e asuma, máis que nunca, as súas responsabilidades.

Mantense a diglosia no só no estrita galegofonía, senón nos casteláns-falantes. É unha pena. Creo, por non dicir que estou convencido que a súa ignorancia despreza o valor indelébel e polo tanto inmanente da nosa cultura no sentido máis amplo. Cal é a respecto disto a túa opinión?

Pois eu penso xusto que é nos castelán-falantes onde o galego ten que buscar posibilidades de medrío, de expansión, e só poderemos facelo coa forza dos nosos argumentos e da nosa paixón, que ten que chegar a ser contaxiosa. Iso si, coa boa vontade non abonda e é imprescindible o deseño dunhas regras do xogo que poñan o galego en pé de igualdade co castelán.
Nun escenario así, o desafío é ir conseguindo que certos sectores da cidadanía, que en principio poderían definirse como castelán-falantes, vaian abrindo espazos da súa vida para o galego, que vaian abandonando o monolingüismo e descubrindo o valor das identidades permeables e dinámicas. Non nos interesa situar o conflito da lingua en termos bipolares, como un enfrontamento galego/castelán, senón velo como un desafío que esixe múltiples e diversas respostas.

O Estado español, mutatis mutantis, non respecta as culturas nin as linguas chamadas –mal-minorizadas. Pretenden unha nación e idioma único, unha mal chamada España "una, grande y libre", en definitiva unha perversidade… Concordas con esta miña reflexión?

Concordo. Aínda que a xeneralización de atribuírlle ao "Estado español" esa falta de respecto paréceme pouco afortunada, pois penso que non se reparte por igual: hai sectores sociais, ou territoriais, ou ideolóxicos, que si amosan esa sensibilidade. O problema xorde cando ese discurso totalitario se presenta, nos medios de comunicación, como o dominante, escurecendo outros puntos de vista.

Como coñecedora e estudosa da literatura galega, atravesamos, pese os atrancos dos galegófobos, lingüicidas e demais, un momento de sumo esplendor, ou polo contrario variamos
entre as luces e as sombras?

Coido que estamos nun momento extraordinario, o que non impide que –como en todas as literaturas, en todos os momentos históricos– haxa luces e sombras. E non vou dicir o tópico de que esta é a mellor etapa da nosa historia literaria porque me parece que o mellor na literatura, como na vida, sempre está por vir.

Merecemos un Nobel xa?

Penso que a do Nobel non é a batalla máis urxente que temos que dar. Non debería figurar entre as nosas prioridades, entre outras razóns porque como todo o mundo sabe, é un premio que non obedece a estritos criterios de calidade literaria, e á nosa literatura non é o xogo dos valores do politicamente correcto
–que é o xogo do Nobel–, por moi respectables que eses valores sexan en termos éticos, o que agora lle convén xogar.

Monarquía parlamentar e democracia daquela maneira non che parece un disparate, un antagonismo sen solución posíbel?

O da monarquía paréceme un despropósito, un anacronismo, que ten os días contados.

É o Estado español laico, aconfesional?

¡Quen nos dera!

Es tradutora ao castelán das obras de Manuel Rivas… Con cal dos seus libros estás máis gustosa?

¿Que me queres amor? segue a entusiasmar o público, e iso sempre gratifica. Traducir a antoloxía poética O pobo da noite foi un reto, pois eu nunca antes traducira poesía. Pero Os libros arden mal é a grande obra de Rivas, un universo literario poderosísimo que te absorbe plenamente, e que deixou en min un pouso que non esmorece.

O ensaio político que tal se che dá?

Non son politóloga, nin aspiro a selo. Penso que hai moitos neste noso país, e ben competentes, como para que eu sume a miña ousadía á lista de diletantes que, por desgraza, tanto abondan.

Se tiveses que escoller un dos poetas máis representativos de nós, cal chegaría á túa memoria?

Posiblemente o primeiro que coñecín, Martin Codax. E Rosalía, que me acompaña sempre.

A historia de Galicia está deturpada e polo tanto mal contada?

A estas alturas temos xa unha boa escola autóctona de historiadores, e nas súas obras podemos atopar moi ben contada, e interpretada, a nosa propia historia. Falta, en todo caso, que se ensine máis nas escolas. Por desgraza, cada vez se ensina menos historia, galega e mundial.

Que ambiente político respiras e a un tempo asumes?

Tento rodearme de aire puro, ou sexa, de xente de talante aberto e progresista, curiosa e dialogante, o que implica de seu sempre unha certa sensibilidade galeguista. Arrepíanme os fanatismos e as capelas, e gosto das persoas cos pés na terra, que se impliquen no seu contorno, que manteñan a ilusión e vivan decote intensamente.

O federalismo, nun principio, co recoñecemento das nacións que na actualidade integran (á forza) o Estado español, non sería moito mellor para nós?

Semella algo tan obvio que non merece maior glosa.

O galego na USC pásase por alto, ollan para outro lado a maioría das profesoras e dos profesores?

Dende esa perspectiva, eu traballo nunha facultade –a de filoloxía-–privilexiada, onde impera o plurilingüismo, e o amor e sensibilidade pola palabra. No resto, coido que hai de todo, e paréceme que non se valorou abondo a xestión que no seu día fixo o equipo de Ramón Villares, cando este era reitor: déuselle daquela un pulo institucional ao idioma na USC do que aínda hoxe nos estamos a beneficiar. Dende aquela, o que se fixo foi manter os logros, pero non se avanzou máis e semella algo urxente. O galego ten que atopar un espazo propio no escenario que a converxencia europea e o Plan Boloña debuxan, non nos podemos permitir o luxo de non reformular a nosa posición e ficar atrás.

Que libro aínda non escribiches e che gustaría escribir?

Tiña moitas ganas de rematar un que agora mesmo está no prelo, e que se foi atrasando por razóns diversas de tipo persoal: era unha débeda pendente cun mestre e amigo morto, Xoán González-Millán, e sinto que publicalo me vai permitir pasar páxina tras o seu pasamento. Polo demais, aspiro a poder escribir de novo, nunha década, outra monografía sobre a nosa narrativa do século XXI. E quizais unha monografía sobre os catro grandes narradores de finais do XX: Casares, Ferrín, Rivas e Suso de Toro.

Cal é o prezo que temos que pagar pola liberdade?

¿Quizais a coherencia? Aínda que esta a vexo máis ben como
unha peaxe derivada do exercicio de aquela.

Con respecto aos credos cal é a túa opinión, a túa situación?

¡Medo me dan! Ousaría só falar de principios e de valores.

Unha República Socialista Galega independente, libre e solidaria sería o noso mellor acontecemento historico?

Eu apúntome a un mundo sen guerras, sen fame e sen violencia, onde impere a xustiza e os seres humanos teñan garantidos os seus dereitos básicos: sanidade, educación, igualdade… As fórmulas de articulación política de Galicia, ou de calquera outra terra, seméllanme só ferramentas continxentes para acadar esa fin, e polo tanto valiosas en tanto se revelen –ou non– como eficaces.

Nacionalismo sen máis, ou arredismo, independentismo. Non nos esquezamos que Franco, Musolini e Hitler eran nacionalistas. Cal é a túa análise?

Xa che dixen que non son politóloga. Polo demais, Franco, Hitler e Mussolini eran monstros. Preocúpame máis o feito de que fose posible que obtivesen o apoio de amplos sectores sociais. Ese é o gran desafío: educar a cidadanía para que non tolere a intolerancia, e para que esixa sempre que se respecte a dignidade dos individuos e dos pobos. O resto virá de seu.

Redes e deputacións

Os artigos deste técnico en normalización son especialmente claros e do noso gusto. Recomendámolos.
Por Iván Méndez López, técnico en normalización lingüística, no Xornal de Galicia

A Deputación da Coruña puxo en marcha en 2009 un programa de cooperación cos concellos para a creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística durante o trienio 2009-2011. O orzamento destinado para o efecto ascende aos 624.000 euros por cada un dos anos e a cantidade que recibe cada concello é de 12.000 ou de 6.000 euros segundo a modalidade, completa ou media, en que se ofreza o servizo. Por volta de xaneiro deste ano, a Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciou as axudas económicas que, grazas a un convenio de colaboración coa Fegamp, recibiu a totalidade de concellos con servizos de normalización, 63. Deste convenio tamén se beneficiaron as deputacións, con máis de 30.000 euros no caso da de Pontevedra e 45.000 para a da Coruña, que neste caso representa menos do 7% que destina ao seu programa de cooperación cos concellos. O orzamento que a secretaría xeral destinou para o convenio coa Fegamp foi de 602.662 euros, vinte mil menos que a Deputación para financiar vinte organismos máis. A pesar do proxecto da Deputación, único en toda Galiza, Anxo Lorenzo non se reuniu aínda co seu presidente ou co deputado provincial de Normalización Lingüística. En cambio, xa se reuniu dúas veces co presidente da Deputación de Pontevedra, unha por volta de xullo de 2009 e unha outra esta semana. Este xornal deu conta das dúas reunións e, ao referenciar esta última, tiven a sensación dun dejà-vu: mesmas palabras, mesmas promesas e mesmos anuncios. Louzán lembrou o papel en materia de normalización que fai a Deputación: “Todo o traballo que se realiza na entidade provincial faise en galego”, algo ao que está obrigado, e salientou que o seu gabinete de tradución (nada de dinamización e menos de normalización) “é utilizado pola inmensa maioría dos concellos, xa que estes non dispoñen dos recursos materiais”. Só 10 concellos da provincia contan con servizo de normalización, fronte aos 41 da Coruña, case todos con financiamento da deputación. O anuncio estrela en ambas reunións foi a creación da rede de dinamización lingüística local, un proxecto que “servirá para coordinar o traballo de política lingüística no ámbito local entre os concellos, as catro deputacións, a Xunta de Galicia e a Fegamp”. O primeiro organismo con que se contacta foi, claro está, a Deputación de Pontevedra, segundo comenta a propia SXPL. Da rede, de inminente presentación, pouco sabemos dende os concellos. Nos orzamentos da SXPL non hai unha partida destinada para o efecto e só aparece a cantidade que se destinará para subvencións en materia de normalización para as administracións locais, 822.768 euros, un terzo do que se destinará, por exemplo, aos convenios cos medios de comunicación.