Hai un par de días colocábamos nesta mesma bitácora un artigo de Iván Méndez López, no que denunciaba que o secretario xeral de política lingüística xa se reuira dúas veces co presidente da Deputación de Pontevedra, no entanto n0n o fixera nin a primeira vez co da Deputación da Coruña cando este organismo estableceu un orzamento para a normalización lingüística nos concellos que supera o destinado ao mesmo ámbito da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Sabemos ademais que o señor Louzán non se caracterizou por promover a normalización da nosa lingua, senon mais ben por todo o contrario, subvencionando cursos dos negacionistas, e negándolle axudas ao IGEA, no congreso de ECOLINGUA a finais do ano pasado.
Agora vemos que a SXPL segue coa mesma política sectaria, non establece lazos coa Deputación coruñesa pero si que o fai coa de ourense. Cal é o criterio que segue na política lingüística este secretario xeral?
Deberíamolo chamar sectario xeral? Trátase de facer política lingüística ou clientelismo propagandístico? Trátase de estender os usos e a funcións do galego ou de coutalo, reducilo e impedirlle o crecemento?

Galicia Hoxe lémbranos que o funesto decreto chamado de plurilingüismo segue o seu camiño, en contra de todos os sectores sociais (excepto os negacionistas, claro) e xa foi presentado ao Consello Consultivo.
Lembra o mesmo medio que o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou durante as últimas semanas que a nova norma, que substituirá ó decreto 124/2007 do bipartito, é "absolutamente legal" e instou os sectores críticos a esperar á opinión, non vinculante, do Consello Consultivo ou, "se chega, tamén ós tribunais". "Creo que as dúbidas deberían resolvelas o organismo ou organismos correspondentes", matizou Lorenzo, tras asegurar que o novo decreto se enmarca no marco normativo" galego, estatal e "desenvolve a Lei de Normalización".
Esta apreciación non coincide, porén, coa achegada recentemente polo xuíz Luis Villares nun seminario do Consello da Cultura Galega, no que afirmou que hai bases para que os tribunais declaren ilegal o decreto, xa que "quebranta" o principio de progresividade que establece a Lei de normalización lingüística de Galicia no seu artigo 13 e "confunde a igualdade como medio e como fin, e a liberdade como medio e como fin", pois para acadar a "igualdade como fin" -a LNL no seu artigo 14 recolle que as autoridades educativas "garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán", é necesario non só que os estudantes acaden competencias nas dúas linguas, -non hai liberdade de elección se unha das dúas non se coñece-, senón que non teñan prexuízos que condicionen a súa vontade.

Pois nesas andamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario