Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 20 de abril de 2010
Viva o viño
Un Ribeiro, Casal de Paula, e un Rias Baixas, Vento Mareiro, foron os gañadores da VII edición dos premios Barcelos de Prata. Se aparecen aquí non é pola nosa afición ao viño, senón porque o xurado salientou ademais da calidade e prestixio, a defensa da identidade galega e participación en proxectos destinados a defenderen as estruturas empresariais das pequenas e medianas adegas para teren maior presencia nos mercados e afortalar, dese xeito, a economía do sector na contorna.
Xa sabedes, se queredes comprar un viño, non vos esquenzades destas marcas.
Tirado de Vieiros, do artigo Viños que aloumiñan o idioma.
Etiquetas:
empresa,
Normalización
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario