Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 6 de abril de 2010

.gal contra .gl

Continúa a polémica do dominio .gl.
Temos algo que ver con Groenlandia?
O panorama está cada vez máis xeado. Impóñenos un decreto contra a nosa lingua, impoñen tamén o castelán, impoñen o .es. Mais que administración defende o .gal? Terá Galicia algún día un dominio normalizado? Os vieiros da internet son os mesmos que os da lingua.
A Nosa Terra entrevista a Víctor López, novo presidente de EGANET, quen profundiza na polémica.

Nesta semana produciuse certa polémica na rede galega ao fío da aposta de Dinahosting polo .gl cando asemade estase pelexando por lograr o Puntogal. Recomendaría vostede rexistrar a unha empresa o dominio .gl?
Eganet, ao igual que toda a sociedade galega e clase política galega, apoia o obxectivo da asociación .gal, da que é membro, para a obtención dun dominio propio para Galicia. Dinahosting tamén apoia o dominio .gal e a campaña de rexistro de dominios .gl só se pode entender no marco dunha estratexia empresarial totalmente lícita, calquera empresa pode rexistrar o dominio .gl do mesmo xeito que o pode facer con calquera outro dominio existente como o .tv, etc.; pero en ningún caso se pode entender o dominio .gl como un substitutivo do .gal, xa que o .gl pertence a Grenlandia, que evidentemente non ten nada que ver con Galicia, así que Eganet nunca recomendaría a ningunha empresa que desexe ter un dominio galego o .gl, senón que o que lle recomendamos é apoiar o .gal que non tardará moito en estar dispoñíbel para todas as empresas galegas

Ningún comentario:

Publicar un comentario