Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 22 de abril de 2010

Soutomaior contra Queremos Galego

Segundo invorma Galicia Hoxe, Queremos Galego protesta mañá polos atrancos do PP de Soutomaior,

Xa o dixemos máis dunha vez, non se pode facer un ataque tan brutal á lingua galega sen unha restricción de dereitos e libertades. Aquí están as consecuencias, nunha actitude completamente antidemocrática, retíranlle a Queremos Galego a posibilidade de informar sobre as súas iniciativas. Para isto están os concellos? Para lle poñer atrancos á cidadanía cando non camiña na dirección que eles marcan?

A plataforma Queremos Galego celebrará mañá, día 23, ás 20:00 horas en Arcade un acto público para informar sobre as iniciativas que están a desenvolver na defensa do galego e para constituír formalmente unha estrutura local estábel en Soutomaior.

Ademais, a plataforma coñeceu onte a disposición do Concello de Soutomaior a ceder as instalacións ben da Casa da Cultura de Arcade ben da de Soutomaior para acoller o acto. A resposta escrita do Concello, "inexistente para xustificar a imposibilidade de uso do Multiusos de Arcade", chega a dous días da celebración do acto público e só ao día seguinte do inicio dunha intensa campaña social de denuncia iniciada polas persoas que promoven a creación dun grupo local de Queremos Galego en Soutomaio

Ningún comentario:

Publicar un comentario