Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 8 de abril de 2010

Maligno Benigno

A Mesa do Parlamento acordou remitirlle a Benigno López, valedor do pobo, a queixa de PSdeG e BNG ante a súa falta de "respecto institucional"
Os representantes destes grupos lembráronlle a "obrigación de defender os intereses dos galegos, incluídos os que usan o galego". e a necesidade de responder os grupos sen ser "en termos ideolóxicos". Lembremos que estas achegas non son máis que respostas á intervención do señor Benigno o pasado 22 de marzo no Parlamento na que Benigno López, mantivera un día antes durante a súa comparecencia en comisión, onde sostivo un duro enfrontamento verbal cos grupos da oposición, en referencia, principalmente, á cuestión lingüística, xa que López ata acusou ó BNG de obrigar a xente a falar galega.

A Mesa de Ourense quéixase do valedor ante o valedor.
Recollemos tamén a idea da Mesa de Ourense, que frente aos ataques do valedor á nosa lingua decidiron presentarlle queixas a el directamente. A ver se as atende, pola súa actitude parece que non vai ser así, pero polo menos amolámolo un pouco. Se non se fura non hai furado.

Dadas as reiteradas declaracións de Benigno López González, o Valedor do Pobo, asociando a normalización á imposición, faltándonos ao respeto a todos os que queremos ao galego e o seu pouco carinho á nosa lingua queremos pedirche que lle envíes unha queixa ao Valedor do Pobo pola actuación do Valedor do Pobo. Que tes que facer?
1.Vai a páxina para presentar queixa por Internet.
2.Introduce os teus datos e se queres podes copiar e pegar o texto que propoñemos
3.Deixanos un comentario (á Mesa de Ourense) dicindo que lla enviaches (se queres vamos, é para ver cantas se lle mandan).
Quero presentar a miña queixa contra o Valedor do Pobo por:
1. Faltar como alto comisionado do Parlamento de Galicia á súa obriga de defensa dos dereitos e liberdades comprendidos na Constitución que no art. 3.2. di que [a lingua galega] é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección; o Estatuto de Autonomía, que no seu artigo 5 define o galego como lingua propia de Galicia; a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, que obriga a favorecer un cambio de tendencia na consideración social do galego e na súa incorporación a novas esferas da vida social; a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, porque este tratado internacional, asinado e referendado polo Reino de España en 2001, utiliza un concepto de normalización que non se encerra no mundodo ensino, senón que é máis transversal, detallado e actualizado cá nosa propia lexislación.
2. Faltarlle ao respeto a miles de galegos que loitan pola dignificación e a normalización da lingua galega coa expresión dita en sede parlamentaria «ir cunha pistola ao peito a cada cidadán para que fale galego», asociando o seu traballo para a promoción lexítima da lingua galega coa imposición.
3. Faltar á súa obriga de imparcialidade, xa que desoíndo os ditames e informes da Real Academia Galega e o Consello da Cultura de Galicia, defende a política lingüística do Partido Popular á que por outra banda se opoñen todos os partidos da oposición e todos os sindicatos.
4. Por asociar á normalización á unha imposición, feito contrario ao expresado respecto da normalización por diversas sentenzas dos Tribunais Constitucional, Supremo e Superiores emitidas en resposta a diferentes recursos contrarios á normalización das linguas oficiais e que establecen a lectura oficial da Constitución. Así esta, referida ao catalán pero de plena aplicación ao galego: Al igual que es legítimo que el catalán, en atención al objetivo de la normalización lingüística en Cataluña, sea el centro de gravedad de este modelo de bilingüismo, siempre que ello no determine la exclusión del castellano como lengua docente de forma que quede garantizado su conocimiento y uso en el territorio de la Comunidad Autónoma. (Fundamento 10 da sentenza 337/1994, de 23 de decembro do Tribunal Constitucional).

Ningún comentario:

Publicar un comentario