Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 26 de abril de 2010
Plurilingüismo contra plurilingüismo
O plurilingüismo no ensino.
O decreto contra o galego titúlase como "Decreto de plurilingüismo", e segundo os seus valedores ten como fundamento a inmersión da sociedade galega no plurilingüismo mediante o ensino de varias linguas. En realidade trátase de diminuir o uso do galego no ensino, non de incorporar unha mellora no ensino doutras linguas, e así se demostrou tanto na redacción das Bases do decreto como no Anteproxecto do mesmo.
O plurilingüismo no senado.
Segundo infofrma A Nosa Terra, o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, reclamoulles hoxe aos senadores do PP que representan a Galiza un 'exercicio de galeguidade' para que o vindeiro mércores apoien a iniciativa de reforma do regulamento do Senado que permita usar as distintas linguas cooficiais do Estado en calquera actuación da Cámara Alta. 'Sería un exercicio de galeguidade, pero teño poucas esperanzas de que o fagan', recoñeceu.
Pérez Bouza tamén lamentou que, segundo os contacto previos apuntan, os populares vaian votar en contra desta iniciativa e reprochou o "pouco respecto polo plurilingüismo" que mostran con esta actitude. No caso concreto dos senadores galegos do PP, lamentou o seu "pouco respecto" pola comunidade á que representan e recordou que son nove representantes elixidos directamente polos cidadáns máis un polo Parlamento, Manuel Fraga, que ademais foi "presidente da Xunta durante 16 anos".
Para o senador nacionalista, o voto en contra dos senadores populares é comparábel a que representantes españois na Unión Europea votasen en contra de usar o castelán nas súas intervencións nos organismos europeos. "Sería escandaloso", asegurou en relación a esta posibilidade Pérez Bouza, quen asegurou que existen senadores doutras comunidades autónomas pertencentes ao PP que se mostraron receptivos á proposta, aínda que votarán en contra.
Agora, que o plurilingüismo é unha arma de promoción do galego, os mesmos que defenden o nomeado decreto (de plurilingüismo), parece que van manifestarse en contra do mesmo. Curiosamente argumentos contrarios, uns de defensa do plurilingüismo, e outros en contra do mesmo, serven para un mesmo fin: coutar, reducir, restrinxir, prohibir o uso do galego. Parece ser que o de menos é o plurilingüismo e que do que se trata é de atacar á nosa lingua.
Pois nesas andamos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario