Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 19 de abril de 2010

Lamatumbá. 7000 voces polo galego

Unha pequena mostra do concerto do sábado en Pontevedra, onde 7000 voces cantaron polo galego e a crónica de Galicia HoxeXosé Lois, O Carrabouxo, volveu entoar, como na masiva manifestación do 21 de xaneiro pasado contra o decreto do galego do Goberno, o Mamá, eu quero galego, quero escribilo, quero falalo, na rúa e no colexio. Como daquela, o público coreou a canción, e moito.
O macrofestival da Plataforma Queremos Galego reuniu onte en Pontevedra a Festicultores, Zurrumalla, Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, Ruxe Ruxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns e Lamatumbá. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da Plataforma Queremos Galego, animou aos participantes a acudir á manifestación do vindeiro 17 de maio. Lembrou a cada un dos asistentes "o papel que cada un podemos facer" ante o decreto da "propaganda do plurilingüismo", pois, salientou, "non hai tal plurilingüismo se se prohibe o galego en determinadas materias, e se os nenos poden estar ata os seis anos sen ter contacto co galego". Callón sinalou ademais que o Goberno "vai gastar un millón de euros" nunha campaña de publicidade sobre o decreto "mentres nos colexios non hai cartos para o comedor e os nenos teñen que comer bocadillos".
Callón agradeceu moito a súa colaboración aos grupos que actuaron no concerto. Parte deles prepararon versións dos seus temas con algúns cambios para a ocasión, de xeito que as letras se converteron tamén, se non o eran xa, nun xeito de reivindicar a lingua


Ningún comentario:

Publicar un comentario