Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 27 de abril de 2010

Fenosa contra o galego


Desde setembro do 2009 a compañía eléctrica de orixe galega, Fenosa, forma parte de Gas Natural. Naquel mesmo mes, Vieiros publicaba que, paradoxicamente, a adquisición podía acabar abríndolle espazos ao galego. Dende a nova sede central da Barcelona aseguraban que Gas Natural estudaría a posibilidade de normalizar o uso do galego, debido a que sempre tiveran en conta a pluralidade cultural do Estado. Porén, sete meses despois non hai ningún cambio positivo. Un exemplo é a páxina web de Gas Natural Fenosa (novo nome do grupo) que ofrece tres posibilidades de navegación (castelán, catalán e inglés).
Mirade a vosa factura da luz ou do gas e comprobade que o que contamos é certo. Velaí a imposición... do castelán, sempre do castelán. Velaí a situación real da normalización lingüística.
E así andamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario