Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 6 de abril de 2010

Propaganda contra o galego

Desde esta bitácora xa comentamos máis dunha vez a espiral de propaganda na que está (necesariamente) inmersa a farramallada do decreto contra o galego. Non podía ser doutro xeito, pois o que se pretende é un ataque á nosa lingua, e sen propaganda intoxicadora é imposible un éxito neste plan xa que, aínda que a diminución do uso nos últimos anos é escadalosa, tamén e certo que a valoración do galego, paradoxalmente, foi incrementándose paulatinamente.
Pois agora a Xunta vai gastar un millón de euros en publicitar o decreto chamado de plurilingüismo. Non se trata de avanzar na normalización, senón de facer propaganda facendo ver como positivo o ataque á nosa lingua. Para isto sí que hai cartos, pero para os equipos de normalización dos centros de ensino, ou para as políticas normalizadoras, non.
o obxectivo da acción propagandística será “dar a coñecer á poboación galega os novos valores do plurilingüismo nas aulas”, isto é, as caracterísicas do decreto que impulsa Educación e que mañá chegará ao Consello Escolar de Galicia no medio dunha intensa controversia educativa.
Se o contrato de propaganda se establece a partir do mes de xuño, co novo IVE, ascenderá a un total de o importe final ascenderá a, cando menos, a 966.420 euros. Lembremos que a esta cantidade debemos sumarlle os 3000,000 € que custou o desenvolvemento da suposta enquisa realizada no pasado mes de xuño.
Foto: Goebbels.
Razón da foto: motivos obvios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario