
Ademais de indicadores que non figuran en galego, como Por su seguridad, control de velocidad ou Arroyo, desde A Mesa tamén rexistraron 20 sinais con topónimos deturpados, como *San Mamed, *La Porteliña e *La Coruña.
A Mesa remitiulle a súa queixa ao Ministerio de Fomento, ao Valedor do Pobo, á Oficina de Linguas Oficiais, ao Departamento de Calidade dos Servizos Públicos, ao secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas. E tamén, como non, á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Se estes últimos non mentiron, é de supoñer que pronto lles farán caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario