Volvemos a referirnos á entrevista feita polo Xornal de Galicia a Anxo Lorenzo o 28 de Marzo pasado.
Nesa entrevista Anxo Lorenzo dicía que " xa antes de ter este cargo, que as políticas lingüísticas non se poden facer de costas á sociedade. Sexan educativas ou de regulamentación, é absolutamente imposible facer unha política lingüística que vaia nunha dirección diferente á que a sociedade está disposta a camiñar detrás."
E continuamente está a dicir que contra o decreto hai unha minoría ruidosa e detrás do decreto hai unha maioría silenciosa.
Pero resulta que, en contra disto, na mesma entrevista dicía tamén que "creo que o que viviu unha parte da sociedade galega, se queredes unha parte moi pequena vinculada a uns lugares específicos como as cidades, viviu iso (o decreto vixente) en termos de imposición."
A cousa está clara, esa gran maioría é moi pequena. Agora xa sabemos por que é silenciosa, e tamén sabemos para quen se fai o decreto.
Pero Anxo Lorenzo volve a contradicirse. Porque nesta entrevista di que o decreto está feito para esa maioría pequena, vinculada a lugares específicos como as cidades, e que queren vivir sen contacto co galego, no entanto á saída do Consello Escolar, desprezaba a pequena maioría dun 60% que aprobou a emenda á totalidade do anteproxecto do decreto, e que, en contra desa pequena maioría se sentía lexitimado a continuar adiante co nomeado decreto.
Pero onte Anxo Lorenzo volveu a contradicirse con esta última afirmación pois nunha entrevista no día de onte, no programa Bos días da TVG, argumentaba que unha pequena maioría dos sindicatos, que representa aproximadamente o 10% do profesorado do ensino non universitario, estaba a favor do decreto, polo que se sentía lexitimado a continuar adiante co nomeado decreto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario