Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 7 de abril de 2010

O argumento da maioría pequena

O titular foi prácticamente o mesmo en todos os medios: O Consello Escolar rexeita o Decreto do galego.
Votaron a favor da emenda os amantes do galego, e en contra os zunantes.
E este señor da foto sae dicindo que o resultado foi "unha maioría pequena, en torno ao 60 por cento". Pois nós aceptámoslle o argumento. E tendo en conta que a maioría foi tan pequena, non se debería ter en conta, e ten moi boas razóns o secretario xeral de política lingüística en non retirar o anteproxecto.
E seguramente, este señor secretario tamén nos admitirá que o 47,09% é un número menor que o comentado 60%. E tamén admitirá que foi o 47,09% dos votos os que lle deron o goberno ao señor Feijóo, e a el a secretaría que tan honrosamente ocupa. Polo tanto, e usando o mesmo argumento da maioría pequena, e con máis razón aínda, por ser o 47,09% unha maioría máis pequena que a do 60%, pois ben podería retirarse el, e o señor Feijóo, e todos os conselleiros e deixar gobernar a quen, tamén moi honrosamente, obtivo unha minoría grande.
E acabouse o problema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario