Despois da polémica comisión na que interiviñera Benigno López, o valedor do pobo, a oposición critica ao valedor que se esquece dos galegofalantes.
As mencións veladas á reprimenda comisión do 22 foron diversas e, na súa maioría, viñeron da man de Suárez Canal, quen proclamou: "Defender o que somos e loitar pola maior presenza do galego, pensamos que é a mellor loita pola liberdade que se pode dar neste país". Con iso, o parlamentario nacionalista referiuse á "liberdade lingüística" pola que avogou López na anterior intervención. Previamente, Suárez Canal xa lle recalcara que apostar por incrementar a presenza do idioma propio "non é levantar a bandeira de ningún partido", algo que o valedor rexeitou facer naquela ocasión cunha advertencia os deputados da oposición. "Non vou tomar a pancarta de ningún partido político para defender os seus intereses", asegurara, entón. Sen facer mención explícita a esas palabras, o parlamentario do Bloque subliñou que impulsar os dereitos lingüísticos é defender "a legalidade e a loita democrática que se levou a cabo ao longo dos séculos, pese imposicións e agresións". Tamén o parlamentario Francisco Cerviño recordou que xa o ano pasado demandou ao valedor que "vixiase o cumprimento" dos dereitos estatutarios. Non obstante, lamentou, malia que "o Goberno implementar políticas lingüísticas contrarias ao galego, o informe non recolle aquela reclamación dos socialistas, que hoxe volveu poñer enriba da mesa, para que se "preserven os dereitos dos galegofalantes que poidan ver conculcados os seus dereitos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario