Berrogüeto está a presentar o seu novo disco, "Kosmogonías", que dedica "todos os heroes anónimos". Manuel Rivas e Rosa Aneiros, ademais da videocreadora Olaia Sendón, colaboran no novo traballo.
Ademais este grupo será un dos que vai participar no Festival de música contra o decretazo que se celabrará o vindeiro sábado 17 en Pontevedra. Comprando agora unha entrada por 10 euriños poderedes escoitalos xunto con outros 13 grupos.
Para comenzar agora o festival, vai este vídeo no que interpretan o tema "Setestrelo", a constelación que nos indica o norte. Para que non o perdamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario