Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 28 de abril de 2010

É delito defender a lingua?


Gustounos tanto o titular de Galicia Hoxe que o reproducimos aquí.
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acaba de multar con 500 euros a Queremos Galego por unha concentración que tivo lugar o pasado mes de marzo contra o decreto que prepara a Xunta. "É delituoso defender a lingua?", pregúntase Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización e voceiro da plataforma, que anunciou que recorrerán contra esta sanción "excesiva".
Moi recomendable o artigo de Galicia Hoxe.
E que son 500 €? Unhas 50.000 pesetas?. A historia repítese:
Augusto Assía escribiu un artigo sobre o idioma galego que se publicou en La Voz de Galicia o 26/07/1967, aludíase a que o idioma galego non pode ser usado como un ferro candente para marcar a servidume e outro -o castellano- como unha plumaxe co que abonar falsas pretensións e superioridades. Non cre que lle ocorra ao galego "non só na igrexa, senón na Universidade, nos estratos e nas oficinas públicas o que non fai máis que vinte anos lle ocorría aos negros nos Estados Unidos, onde non se lles deixaba entrar máis que pola escaleira de servizo". Tras o correspondente expediente, o director do citado xomal, Pillado Rivadulla, foi penalizado, con ocasión do citado artigo de Fernández Armesto, Augusto Assía, cunha multa de 50.000 ptas. polo entón Ministro de Información e Turismo, señor Fraga Iribarne.

Ningún comentario:

Publicar un comentario